miniatura|dereita|200px|Walter Scott Walter Scott, nado en Edimburgo o 15 de agosto de 1771 e finado en Abbotsford o 21 de setembro de 1832, foi un prolífico escritor escocés.

Traxectoria Encádrase dentro do período romantico británico, e cómpre salientar a súa destreza para as novelas históricas, xénero que creou el tal e como o coñecemos hoxe. Ademais, foi poeta e editor de gran sona na Europa de xacando. En certo sentido, Scott foi o primeiro autor que tivo unha verdadeira carreira internacional no seu tempo, con moitos lectores contemporáneos en Europa, Australia e Norteamérica. Obras súas son Ivanhoe ou Rob Roy.

En Galicia o esquema novelístico fixado por Scott influíu de maneira notable en autores como Antonio López FerreiroA crise finisecular. A narrativa de López Ferreiro: López Ferreiro e a novela histórica no sitio web de literaturagalega.as-pg.gal..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sir Walter Scott biografía a cargo de Richard H. Hutton, datada en 1878, para o Proxecto Gutenberg.

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1771 Categoría:Finados en 1832 Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Biógrafos