Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Traxectoria Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario, despois de estar 25 anos en Moraña e 10 en Marín. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.

Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

A súa narrativa distínguese pola súa agudeza na observación e recreación do mundo dos adolescentes, polo realismo dos seus personaxes e situacións e por un ritmo capaz de converter calquera asunto cotián nun relato de suspense.

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto. Vida persoal

Está casada con Mariano García.

Recoñecementos Desde 2018 convócase o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade co seu nome. miniatura|Monólito en Pontevedra, 2023 En 2023 é 'A Escritora na súa Terra' da AELG co descubrimento do monólito conmemorativo e a plantación da árbore da autora, un acivro nas inmediacións do río Lérez na Ponte da Palabra e o acto de entrega da "Letra E", no Teatro Principal de Pontevedra. O eloxio foi obra de Montse Penas. miniatura|Inauguración da Exposición sobre Fina Casalderrey na Praza da Ferraría de Pontevedra (18/04/2024): Demetrio Gómez Xunqueira, Miguel Anxo Fernández Lores, Fina Casalderrey, David Cortizo e María Lado. En abril de 2024 a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) elaborou para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a autora, candidata ao premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e ao premio Hans Christian Andersen 2024, coñecido este último como o "Nobel da Literatura Infantil".

Obra Literatura infanto-xuvenil miniatura|O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey, esta incluído na Biblioteca Galega 120. Mutacións xenéticas (1991). Vía Láctea, novela xuvenil. Foi traducida ao catalán. Reeditada en Xerais (2008), 12ª ed., ISBN 978-84-9782-906-9. Dúas bágoas por Máquina (1992). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Víctor Rivas. 120 páxs. ISBN 978-84-8302-565-9 (22ª ed). ePub: ISBN 978-84-9914-728-4. Foi traducida ao catalán, ao éuscaro e ao castelán. Chamizo (1994). Xerais, narrativa infantil. Iustracións de Luís González. 72 páxs. ISBN 978-84-8302-616-8 (11ª ed.). Foi traducida ao éuscaro. ¡Asústate, Merche! (1994). Xerais, novela xuvenil. 248 páxs. ISBN 978-84-9914-562-4 (17 ed.) Epub: ISBN 978-84-9914-583-9. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao portugués. O misterio dos fillos de Lúa (1995). S. M., narrativa infantil, O Barco de Vapor. 152 páxs. ISBN 9788498547450. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao bretón. Recursos teatrais para a expresión dramática na escola. 7 pezas para representar (1996). Xerais, teatro infantil. 72 páxs. ISBN 9788483020203. O estanque dos parrulos pobres (1996). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. 168 páxs. ISBN 9788483490983. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. ¡Prohibido casar, papá! (1996). Galaxia, Árbore, novela xuvenil. 180 páxs. ISBN 978-84-8288-964-1. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao portugués e ao brasileiro. Incluído na lista White Ravens 1998. ¿Sobrevives? (1996). Xerais, novela xuvenil, Fóra de Xogo. 176 páxs. ISBN 9788483020739. ePub: ISBN 978-84-9121-162-4 (2016). Foi traducida ao castelán e ao catalán. Podesvir (1997). Sotelo Blanco, narrativa infantil. 40 páxs. ISBN 9788478243013. ¡Puag, que noxo! (1997). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. Ilustracións de Xan López Domínguez. 26 páxs. ISBN 978-84-8288-862-0. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao asturiano. Ás de mosca para Anxo (1998). Xerais, narrativa infantil, Sopa de Libros. Ilustracións de Manolo Uhía. 144 páxs. ISBN 978-84-8302-863-6 (13 ed.). Foi traducida ao castelán, ao éuscaro e ao catalán. Cuca e o abrigo marrón (1998). Rodeira, narrativa xuvenil. Ilustracións de Patricia C. 32 páxs. ISBN 9788483493700. Foi traducida ao castelán. Nolo e os ladróns de leña (1998). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Teresa Novoa. 64 páxs. ISBN 9788434861633 Foi traducida ao castelán. Unha raíña negra (1998). Ed. Edebé, narrativa infantil. 126 páxs. ISBN 9788496352636 (Rodeira, 5ª ed.). Foi traducida ao castelán. A filla das ondas (1999). Concello de Pontevedra, narrativa infantil. Foi traducida ao castelán. Kalandraka (2003), ISBN 9788484641933. Bicos de prata (1999). Ir Indo, narrativa infantil. Ilustracións de Manolo Uhía. 40 páxs. ISBN 9788476803172. O misterio do cemiterio vello (1999). S. M., narrativa xuvenil. 128 páxs. ISBN 9788434863521. Foi traducida ao castelán. Pimpín e dona Gata (1999). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 64 páxs. ISBN 9788434864207. Foi traducida ao castelán. Unha pantasma branca (2000) Everest, narrativa infantil. Foi traducida ao castelán. Editada en Baía (2019), ilustracións de Cristal Reza, 108 páxs. ISBN 9788499953106. A máscara de palma (2000). Galaxia, narrativa xuvenil, Costa Oeste. 232 páxs. ISBN 978-84-8288-391-5. A noite dos coroides (2001). Vía Láctea, narrativa xuvenil. ISBN 9788486531799. Cando a Terra esqueceu xirar (2002). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Miguel Pang Ly. 80 páxs. ISBN 9788498547382. Foi traducida ao castelán. O avó é sabio (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646685. Foi traducida ao castelán e ao catalán. O avó sae de paseo (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646678. Foi traducida ao castelán e ao catalán. A avoa ten unha menciña (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 24 páxs. ISBN 9788478646654. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao portugués. A avoa non quere comer (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646661. Foi traducida ao castelán e ao catalán. Derradeira carta ós Reis Magos (2002). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Hoa-binh Melgar González. 48 páxs. ISBN 9788483028933. Foi traducida ao castelán. ¡Un can no piso! ¿E que? (2003). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Kristina Sabaite. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-274-1. (2010) . Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao aragonés e ao asturiano. Desventuras dun lobo namorado (2003). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 60 páxs. ISBN 978-84-9865-037-2. Foi traducida ao castelán. Lúas de nácara (2003). Xerais, narrativa xuvenil, Fóra de Xogo. 136 páxs. ISBN 978-84-8302-963-3. Eu son eu (2004). Xerais, narrativa infantil. 24 páxs. ISBN 9788497821414. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. Debuxos de Josep Vicó. Tradución de Ignacio Chao. Un misterio na mochila de Alba (2005). Planeta-Oxford, narrativa infantil. 68 páxs. ISBN 9788498110098. No 2011 publícase unha edición ampliada. Foi traducida ao castelán. O meu avó é unha gata (2005). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 24 páxs. ISBN 978-84-9782-285-5. Foi traducido ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. ¿Quen me quere adoptar? (2005) Xerais, narrativa infantil). Ilustracións de Mª Fe Quesada. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-359-3 (8ª ed.). Foi traducida ao castelán. Isha, nacida do corazón (2006). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. 152 páxs. ISBN 9788496352704. Foi traducida ao castelán e ao catalán. ¡¡¡Lume!!! (2006). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 32 páxs. ISBN 9788483491058. Foi traducida ao castelán e ao catalán. Apertas de vainilla (2007). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Manolo Uhía. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-011-2. Foi traducida ao castelán. Gordiño, recheo (2007, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán. A lagoa das nenas mudas (2007). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Patricia Castelao. 128 páxs. ISBN 978-84-9782-521-4 (9ª ed.). Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. A Pomba e o Degolado (2007). Xerais, narrativa xuvenil. 176 páxs. ISBN 978-84-9782-559-7 (13ª ed.) ePub: ISBN 978-84-9914-795-6. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao inglés. Ola, estúpido monstro peludo! (2007). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-038-9. Foi traducida ao castelán e ao catalán. Un cabalo de lume (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Debuxos de Valentí Gubiana. 62 páxs. ISBN 978-84-96893-27-6. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. Un día de caca e vaca (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 32 páxs. ISBN 978-84-96526-55-6. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. Xela volveuse vampira (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Ilustracións de Noemí López. 56 páxs. ISBN 978-84-9995-029-7 (2010). Foi traducida ao castelán. Inclúe DVD. A pequena Gardiana (2008). Museo Belas Artes da Coruña, narrativa infantil. Ilustracións de Xosé Cobas. 27 páxs. ISBN 978-84-612-1682-6. Fiz, o coleccionista de medos (2009). Oqo, narrativa infantil. Ilustracións de Teresa Lima. 40 páxs. ISBN 9788498712063. Foi traducida ao castelán, ao éuscaro, ao portugués, ao inglés, ao francés e ao italiano. Papá é meu! (2009). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Irene Fra. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-173-7. O misterio da casa do Pombal (2009). S.M., narrativa infantil. 79 páxs. ISBN 9788498541427. Foi traducida ao castelán. Pesadelo no tren Chocolate (2009). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-235-2. Foi traducida ao castelán. e ao catalán. 1 pulga, 5 amigos e 1 tándem (2009). Concello de Pontevedra. Ilustracións de Manolo Uhía. Narrativa infantil. ¿E ti que farías por min? (2010). Xerais, infantil e xuvenil, álbums. Ilustracións de Manuel Uhía. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-622-3 (2019) Un saco de estrelas (2010). Xerais, narrativa infantil, Merlín. Ilustracións de Enjamio. 56 páxs. ISBN 978-84-9914-107-7. O misterio do Faro Vello (2012). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-369-9 (7ª ed.). O neno can (2012). Galaxia, xuvenil. 64 páxs. ISBN 978-84-9865-431-8. En colaboración con Francisco Castro. Foi traducido ao castelán. Lista de Honor da revista CLIJ 2014. 2013: Lista do Centro IBBY de Documentación para nenos con dificultades especiais. Historia da bicicleta dun home lagarto (2014). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Laura Súa Campo. 168 páxs. ISBN 978-84-9914-754-3 (3ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-878-6. Foi traducida ao castelán e ao catalán. Icía quere cambiar o mundo (2015). Parlamento de Galicia. Ilustracións de Carmen Pernas. ISBN 978-84-7836-102-1. O segredo de Zoe (2016). Tambre, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 40 páxs. ISBN 9788490461457. A furgoneta branca (2019). Xerais, narrativa infantil. 32 páxs. Ilustracións de Lucía Cobo. ISBN 978-84-9121-465-6.