Augusto María Casas Blanco, nado en Ourense o 25 de setembro de 1906 e finado en Barcelona o 22 de decembro de 1973, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, marchou a Barcelona logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio de Gobernación e alí residiu toda a súa vida, aínda que despois da derrota da República exiliouse en Francia e estivo no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en Céltiga, El Despertar Gallego, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, El País, Eco de Galicia e outras revistas e xornais. En 1926 fundou, con Denys Fernández, a revista Galaxia. Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na revista Nós en 1935.

É irmán do tamén escritor Álvaro de las Casas.

Obra En castelán

Alma triste, 1924 (poesía). Panal y flor, 1927 (poesía). Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía, 1943 (biografía). El Papa Luna, 1945 (biografía). Fray Junípero Serra, el Apóstol de California, 1949 (biografía). La tierra del alma y otros cuentos, 1950 (narrativa). miniatura|O vento segrel, 1932, Nós. Con portada de Cándido Fernández Mazas.

En galego

Poesía O vento segrel, 1932, Nós.Con ilustracións de Cándido Fernández Mazas. Cantigas da noite moza, 1950. Isa folla que vai polo río, 1954. Alén, 1962, Colección Salnés. Servidume da treva, 1964. miniatura|150px|Augusto María Casas, 1932.

Narrativa

Muiñada d'estrelas, 1926.Publicado na revista Galaxia

Traducións Las mejores poesías de Rosalía de Castro, 1946.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en enciclopèdia.cat

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1973