A Ponte é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2022 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres). Sitúase a carón dos lugares da Ponte (Cubelas) e A Ponte (Cedofeita).
Toponimia O topónimo Ponte, do latín "ponte, pasal", alude á construción próxima ao lugar que serve para cruzar o río Grande ou río de Arante.
Historia
O lugar está construído en torno a unha ponte sobre o rego de Lexoso xusto antes de converxer o rego de Arante para formar o río Grande. A base comunal é tanto a ponte como a igrexa de Nosa Señora das Virtudes, datada no 1516 e onde se celebra a romaría das Cruces. Arredor deste lugar en 1809 desenvolveuse a batalla de Arante, no marco da guerra da independencia española.
Patrimonio miniatura|Detalle do arco de separación central da igrexa.
Neste lugar está o santuario da Nosa Señora das Virtudes.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo Ligazóns externas A Nosa Señora das Virtudes da Ponte Transcrición sobre a batalla de Arante.
Categoría:Lugares de Ribadeo Categoría:Localidades do Camiño do Norte Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias