Ramón Ferreirós Manselle foi un político galego, alcalde do concello de Dodro en dúas ocasións.

Traxectoria Coa constitución do concello en 1914 resultou elixido alcalde de Dodro, seguindo como alcalde trala constitución de 1916. O 21 de abril de 1917 cambiáronse os propietarios e os suplentes. En 1918 volveuse a constituír o concello, continuando como alcalde Ferreirós Manselle ata marzo de 1920, cando Francisco Boga Manselle resultou elixido alcalde.

O 26 de febreiro de 1930, durante a ditadura de Primo de Rivera, resultou designado novamente alcalde de Dodro trala constitución do concello en substitución de Manuel Pérez Lois. Durante este período construíuse a estrada C-550 ó seu paso polo concello, trazado que substituía o antigo camiño real. Nas eleccións do 12 de abril de 1931 resultou elixido alcalde Juan Francisco Siage Rodríguez, acolléndose a mesa á República após a súa proclamación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro

Categoría:Alcaldes de Dodro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes