Celestino Luís Crespo Crespo, nado en Betanzos en 1913 e finado na mesma vila o 19 de febreiro de 1965, foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Estudou o Bacharelato na Coruña e ingresou na escola Normal de Maxisterio. Afiliouse a Falange Española o 4 de febreiro de 1934. Mobilizado durante a guerra, cando rematou foi mestre en Betanzos. Nos anos cincoenta foi mestre da escola graduada anexa á Escola Normal de Santiago de Compostela. Integrouse na vida cultural da posguerra compostelá formando parte do grupo dos "Catorce de Osebe", escritores, artistas e xornalistas en torno á figura de Aquilino Iglesia Alvariño. Foi o primeiro escritor que publicou un libro en galego en Galicia, Brétemas mariñás, trala guerra civil (1946). Escribiu dúas obras máis Estampas brigantinas e Agarimos que non chegaron a se publicar. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e La Noche. Finou en Betanzos o 19 de febreiro de 1965.Necrolóxica en La Noche, 19-2-1965, p. 2. Vida persoal
Casou con María de los Remedios Garrido Salorio e foi pai de José Luis, María del Carmen e Marcelino Crespo Garrido. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Falanxistas
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas en lingua galega