A agricultura e tamén a pesca e a silvicultura son os piares da economía de Madagascar, respondendo por 25% do produto interno bruto e 80% dos empregos do país. A industria ten como principais actividades a fabricación de téxtiles e o procesamento de produtos agrícolas. As exportacións de roupas creceron nos últimos anos, grazas ao acceso sen impostos ao mercado dos Estados Unidos.

Entre o 1992 e o 1997 o país creceu menos que a súa poboación. Entre o 1997 e o 2001 a pesar da aceleración do crecemento, a pobreza permaneceu elevada, especialmente nas áreas rurais. Unha crise disparada pola disputa presidencial de decembro de 2001 paralizou a economía do país por 6 meses. O produto interno bruto caeu 12,7% o 2002. Porén, grazas a investimentos externos, o país retomou o crecemento o 2003 en máis de 9%. Entre o 2004 e o 2005 a depreciación da moeda (o franco malgaxe, substituído polo ariany o 2005) e a inflación dificultaron o crecemento económico.

A redución da pobreza e o combate á corrupción deberán ser os piares das políticas económicas nos próximos anos.

Notas