As eleccións á Asemblea da República portuguesa de 2009 celebráronse o 27 de setembro. A data anunciouna o presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, o 27 de xullo de 2009Declaração do Presidente da República a propósito da data das eleições para a Assembleia da República, Web da Presidencia da República, 27.6.2009, consultado o 27.9.2009. A estas eleccións presentáronse un total de quince partidos políticos para renovar os 230 deputados da Asemblea da República. Foi a duodécima elección lexislativa de Portugal desde a aprobación da Constitución en 1976, e o seu resultado deu lugar ao XVIII Goberno Constitucional de Portugal.
Sistema electoral e divisións Os 230 deputados e deputadas da Asemblea da República portuguesa escóllense en listas pechadas repartidas en dezaoito distritos, máis catro circunscricións a maiores, dúas correspondentes ás illas de Azores e Madeira e dúas aos emigrantes en Europa e América, e repártense segundo a Lei D'Hondt.
Eleccións portuguesas Distritos Deputados Distrito de Aveiro 16 Azores 5 Distrito de Beja 3 Distrito de Braga 19 Distrito de Braganza 3 Distrito de Castelo Branco 4 Distrito de Coímbra 10 Distrito de Évora 3 Distrito de Faro 8 Distrito da Guarda 4 Distrito de Leiría 10 Distrito de Lisboa 47 Madeira 6 Distrito de Portalegre 2 Distrito do Porto 39 Distrito de Santarém 10 Distrito de Setúbal 17 Distrito de Viana do Castelo 6 Distrito de Vila Real 5 Distrito de Viseu 9 Circunscrición de Europa 2 Circunscrición do resto do mundo 2
Campaña electoral e sondaxes
A campaña electoral tivo lugar entre o 12 e o 25 de setembro. O tema principal de campaña foi a economía, aínda que tamén xurdiron temas relacionados co gasto en infraestruturas, a relación con España ou o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. A loita soterrada entre partidos tamén tivo o seu oco nesta campaña ao utilizarse por parte dos dous principais partidos temas de suposta corrupción e escoitas ilegais.
As enquisas concedéronlle sempre unha maioría simple ao Partido Socialista (entre o 40%Portugal’s Socialists Get Boost Just before Election Day , Angus Reid, 24.9.2009, consultado o 27.9.2009 e o 33%Sondagem: Indecisão a dois meses do voto , Expresso, 31.7.2009, consultado o 27.9.2009), mentres que o Partido Socialdemócrata (centro-dereita) estivo xeralmente situado en segunda posición, con porcentaxes entre o 26%Election Year Bodes Well for Portugal Socialists , Angus Reid, 11.5.2009, consultado o 27.9.2009 e o 35%PSD Threatens Ruling Socialists in Portugal , Angus Reid, 15.7.2009, consultado o 27.9.2009.
Candidatos
Presentáronse quince partidos ás lexislativas portuguesas de 2009Dez à procura de um deputado , Público, 13.7.2009, consultado o 27.9.2009, que se listan a continuación, cos candidatos ao posto de primeiro ministro de Portugal, ou ben cos candidatos a escano pola circunscrición de Lisboa:
Partido Socialista (PS) - José Sócrates. Partido Socialdemócrata (PPD/PSD) - Manuela Ferreira Leite. Bloco de Esquerda (BE) - Francisco Louçã. Coalición Democrática Unitaria (CDU) - Jerónimo de Sousa. Centro Democrático Social - Partido Popular (CDS/PP) - Paulo Portas. FEH - Frente Ecologia e Humanismo (MPT-P.H.) - Pedro Quartim. Movemento Esperança Portugal - Rui Marques. Movemento Mérito e Sociedade (MMS) - Eduardo Baptista Macdonald Correia. Nova Democracia (NPD) - Manuel António de Almeida Brás. Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado (PCTP/MRPP) - António Garcia Pereira. Partido Nacional Renovador (PNR) - José Pinto Coelho. Partido Obreiro de Unidade Socialista (POUS) - Carmelinda Pereira. Partido Popular Monárquico (PPM) - Nuno da Câmara Pereira. Partido Laborista Portugués (PTP) - Lusa Amândio Madaleno. Portugal pro Vida (PPV) - Luís Botelho Ribeiro.
Resultados
Os resultados definitivos foron.
Eleccións á Asemblea portuguesa, 2009 Partido Votos 2009 % Escanos Votos 2005 % EscanosPartido Socialista2 077 23836,56972 588 31245,03121Partido Socialdemócrata1 653 66529,11811 653 42528,7775Centro Democrático Social - Partido Popular592.77810,4321416.4157,2412Bloco de Esquerda557.3069,8116364.9716,358Coalición Democrática Unitaria446.2797,8615433.3697,5414PCTP/MRPP52.7610,93048.1860,840Movemento Esperança Portugal25.9490,460--- Nova Democracia21.8760,38040.3580,700Movemento Mérito e Sociedade16.9240,300---Partido Popular Monárquico15.2620,270---FEH - Frente Ecologia e Humanismo12.4050,22017.0560,300Partido Nacional Renovador11.5030,2009.3740,160Portugal pro Vida8.4610,150--- Partido Laborista Portugués4.9740,090--- Partido Obreiro de Unidade Socialista4.6320,0805.5350,100 Movemento o Partido da Terra3.2650,060---
- Votos 2009 % Votos 2005 %Votos en branco99.0781,74103.5371,80Votos nulos76.8941,3565.5151,14Participación5 681 25859,685 747 83464,26
Resultados por distritos Eleccións á Asemblea portuguesa, 2009 Partidos AV AZ BE BR BÇ CB CO EV FA GU LE LI M PA PO SA SE VC VR VI EU MUPS 2009632912413241911184732410PS 200583292462624233220683341-PSD 200972-622413241341123323412PSD 200562-7214-225123-123322412 BE 20091--1--1-1-15--312----- BE 2005-----------4--2-2-----CDU 2009--11---1---5--214-----CDU 2005--11---1---5--213-----CDS-PP 20092--2--1-1-151-4111-1--CDS-PP 20051--1------14--2-11-1--Total 2009As circunscricións de Aveiro, Braga e O Porto gañan un parlamentario, mentres que Lisboa, Braganza e Castelo Branco o perden. Véxase Lisboa perde um lugar na AR, Porto ganha um deputado , Diário de Notícias, 1.8.2009.16 | bgcolor="#E6ECFF"|53 | bgcolor="#E6ECFF"|193 | bgcolor="#E6ECFF"|410 | bgcolor="#E6ECFF"|38 | bgcolor="#E6ECFF"|410 | bgcolor="#E6ECFF"|476 | bgcolor="#E6ECFF"|239 | bgcolor="#E6ECFF"|1017 | bgcolor="#E6ECFF"|65 | bgcolor="#E6ECFF"|92 | bgcolor="#E6ECFF"|2Total 2005155318451038410486238101765922
Notas
Categoría:Eleccións en Portugal Categoría:Eleccións celebradas en 2009