Takashima (高島市, たかしまし, Takashima-shi) é un concello xaponés da prefectura de Shiga. Está situado ao noroeste da prefectura e ao leste da rexión de Kinki, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 693 km², a poboación é de 52.245 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 75,4 hab./km².

A cidade de Takashima foi fundada após a fusión de 6 concellos de vilas do distrito de Takashima (Adogawa, Imazu, Shin'asahi, Takashima, Makino e Kutsuki) no ano 2005.

O concello de Takashima limita cos concellos de Nishiazai e Ōtsu (que son da prefectura de Shiga); Tsuruga, Obama, Wakasa, Mihama e Ōi (que son da prefectura de Fukui); Nantan e Kyoto (que son da prefectura de Kyoto).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Concellos do Xapón