A Orde Rosales é un taxon incluído na subclase Rosidae, clase Magnoliopsida, segundo Cronquist. Rosales é a orde superior á familia Rosaceae (rosáceas).
É unha das ordes máis importantes pola variedade e diversidade dos individuos que agrupa. Está composto por case 8.000 especies segundo APG II. Rosales está en constante revisión (como outros taxons) e as familias emparentadas cambian a miúdo de taxon en función dos criterios de categorización, facendo variar o número de especies incluídas nos grupos.
O grupo raíz de Rosales ten unha antigüidade aproximada de 89 a 88 millóns de anos, e a diverxencia do grupo capital comeza hai uns 76 millóns de anos. O taxon Rosales contén case un 2% de diversidade das "eudicotas".
Características O taxon Rosales caracterízase por: presenza de Dihidroflavonois cristais prismáticos en células radiadas (negativos en Berbeyaceae e Eleagnaceae) simbioses (infección intracelular da epiderme radicular) con Frankia, unha actinobacteria grampositiva. (A fixación de nitróxeno particularmente en Fabaceae involucra a alfa-proteobacterias gramnegativas, e a infección por Frankia é por pelos radicais) presenza de células mucilaxinosas marxes das follas serrados inflorescencia cimosa presenza de hipantio nectarífero estigma seco Cáliz e/ou hipantio persistente no froito
Familias en Rosales Clasificación tradicional A seguinte lista mostra a categorización clásica de Cronquist (1981) que agrupa a 24 familias (primeira columna en letra grosa) dentro de Rosales. á beira de cada familia, a reagrupación filogenética (→ segunda columna) segundo APG-II cando corresponde.
Rosaceae, é a única familia que perdura na Orde Rosales (obviamente, a familia distintiva do taxon Rosales). Alseuosmiaceae → orde Asterales Anisophylleaceae → orde Cucurbitales Brunelliaceae → orde Oxalidales Bruniaceae → non situada, posible preto de Asterales?. Byblidaceae → orde Lamiales Cephalotaceae → orde Oxalidales Chrysobalanaceae → orde Malpighiales Columelliaceae → non situada, posible preto de Dipsacales? Connaraceae → orde Oxalidales Crassulaceae → orde Saxifragales Crossosomataceae → familia distintiva da orde Crossosomatales Cunoniaceae = Davidsoniaceae = Eucryphiaceae → orde Oxalidales Dialypetalanthaceae → familia Rubiaceae, orde Gentianales Greyiaceae → familia Melianthaceae, orde Geraniales Grossulariaceae → orde Saxifragales Hydrangeaceae → orde Cornales Neuradaceae → orde Malvales Pittosporaceae → orde Apiales Rhabdodendraceae → orde Caryophyllales Saxifragaceae → familia distintiva da orde Saxifragales Surianaceae → orde Fabales
Clasificación filoxenética A seguinte lista mostra a "nova" clasificación filoxenética das familias dentro de Rosales segundo o APG-II (2003). A Orde Rosales "reclasificado" inclúe 9 familias, con 261 xéneros e aproximadamente 7725 especies.
Barbeyaceae Rendle Cannabaceae Martynov Dirachmaceae Hutchinson Elaeagnaceae Jussieu Moraceae Link Rhamnaceae Jussieu Rosaceae Jussieu Ulmaceae Mirbel Urticaceae Jussieu
Rosaceae é a familia cardinal do taxon, representa un 37% dos Rosales, con 95 xéneros e aproximadamente 2830 especies. Rosaceae e Urticaceae son as familias máis numerosas e representan máis do 70% das especies do taxon Rosales (logo Moraceae con 14% e Rhamnaceae con 12%).
Cladograma esquemático representando a relación filética das familias de roseiras:
§: implica ramas con consistencia < 50% ou amplamente morfoloxía. Todas as outras ramas teñen unha consistencia > 80%. 9 familias, 261 xéneros, 7725 especies.
Relacións da orde Rosales Agrupación de Cronquist Outras ordes clasicamente relacionadas co taxon Rosales (Cronquist, 1981), agrupados baixo a Subclase Rosidae:
Orde Rosales Orde Fabales Orde Proteales Orde Podostemales Orde Haloragales Orde Myrtales Orde Rhizophorales Orde Cornales Order Santalales Orde Rafflesiales Orde Celastrales Orde Euphorbiales Orde Rhamnales Orde Linales Orde Polygalales Orde Sapindales Orde Geraniales Orde Apiales
Relación filética do APG Outras ordes actualmente relacionadas co taxon Rosales (APG-II), reagrupados noutras categorías superordinadas:
NÚCLEO DE EUDICOTAS Outras ramas: Berberidopsidales; Dilleniales Caryophyllales; Santalales. RAMA de: Saxifragales [ Vitais ROSIDAS ]: Estípulas Vitais ROSIDAS: Anteras articuladas ROSIDAS Taxones sen localización clara... Crossosomatales Geraniales Myrtales EUROSIDA I: sementes con escaso endosperma Fabales Rosales [ Cucurbitales Fagales ]: Fixadores de Nitróxeno por asociacións radicais Zygophyllales [ Celastrales Malpighiales Oxalidales ] EUROSIDA II: Huerteales { Brassicales [ Malvales Sapindales ] } RAMA de: ASTERIDAS...
O taxon Fabales é o máis próximo filoxenéticamente a Rosales, séguenlle Cucurbitales e Fagales (todos son Eurósidas tipo I).
Véxase tamén Outros artigos Sistema de Cronquist Sistema APG II
Ligazóns externas
Categoría:Rosales