Kendrick La'Dale Perkins, nado o 10 de novembro de 1984 en Nederland, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Canton Charge da NBA G League.
Traxectoria Graduouse no instituto Clifton J. Ozen en Beaumont, Texas, en 2003. Durante a súa traxectoria no instituto liderou a Ozen High a conseguir catro campionatos de distritos consecutivos, ademais dun estatal. Coñecíaselle coma Baby Shaq. En 2003, foi seleccionado para disputar o prestixioso All-American McDonald's.
En 2003, foi elixido no Draft da NBA de 2003 polos Memphis Grizzlies na posición 27ª, aínda que inmediatamente foi traspasado xunto con Marcus Banks a Boston a cambio de Troy Bell e Dahntay Jones. Gañou o anel de campión da NBA cos Boston Celtics na tempada 2007-08, ano no que fixo tamén as súas mellores medias ata entón, asinando 8.5 puntos, 8.1 rebotes e 2.0 tapóns por partido.
O 24 de febreiro de 2011, Perkins e Nate Robinson foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio de Jeff Green e Nenad Krstić. En 2012, Perkins chegou ás Finais da NBA cos Thunder, pero foron derrotados polos Miami Heat. O 19 de febreiro de 2015, Perkins foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre os Thunder, os Jazz e os Detroit Pistons. Dous días máis tarde, foi cortado polos Jazz.
O 24 de febreiro de 2015, Perkins asinou cos Cleveland Cavaliers. Fixo o seu debut con Cleveland o día seguinte na vitoria contra os Detroit Pistons por 102-93. Perkins fixo dous puntos en dous minutos de xogo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no condado de Jefferson, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans