Isabel de Portugal, nada en Évora o 21 de febreiro de 1397 e finada en Dijon (Borgoña) o 17 de decembro de 1471, foi unha princesa portuguesa da dinastía de Avis.
Era a única filla do rei Xoán I de Portugal e da súa muller Filipa de Lancaster. Pasou a súa mocidade na corte de Lisboa. Era irmá, entre outros, de Henrique o Navegador, Pedro, duque de Coímbra e Duarte, rei de Portugal, sucesor de Xoán I.
En 1430, casou con Filipe III, duque de Borgoña, con quen tivo 3 fillos: Antonio e Xosé (que morreron durante a infancia) e Carlos o Temerario (nado o 10 de novembro de 1433).
Isabel era unha muller moi refinada e intelixente, que lle gustaba de se rodear por artistas e poetas e foi unha mecenas das artes. Tamén na política, exerceu a súa influencia sobre o seu fillo e, en especial, sobre o seu marido, que representou en varias misións diplomáticas.
Categoría:Historia de Portugal Categoría:Historia de Francia Categoría:Dinastía de Avis Categoría:Nados en 1397 Categoría:Nados en Évora Categoría:Finados en 1471