Este artigo trata sobre o álbum de Pink Floyd, para o filme que se fixo posteriormente vexa Pink Floyd: The Wall.

The Wall é un álbum de estudio e o décimo terceiro da banda británica Pink Floyd publicado en 1979. Gravouse entre abril e novembro baixo a dirección do produtor Bob Ezrin e dos membros de Pink Floyd David Gilmour e Roger Waters. Foi lanzado o 30 de novembro do mesmo ano no Reino Unido e o 8 de decembro nos Estados Unidos.

Está considerado como un dos mellores álbums dos Pink Floyd (xuntamente con The Dark Side of the Moon e Wish You Were Here), e é recoñecido como un clásico do rock.

The Wall é un dos álbums conceptuais máis coñecidos. Con máis de 30 millóns de copias vendidas, é o segundo álbum máis vendido de Pink Floyd, por detrás de The Dark Side of the Moon (1973), o álbum dobre máis vendido de todos os tempos, e un dos discos máis vendidos de todos os tempos. Algunhas sesións descartadas utilizáronse no seguinte álbum da banda, The Final Cut (1983). No ano 2000 foi votado no posto número 30 na lista de Colin Larkin dos 1000 mellores álbums de todos os tempos.Colin Larkin (2000). All Time Top 1000 Albums (3ª ed.). Virgin Books. p. 48. ISBN 0-7535-0493-6 En 2003, 2012 e 2020, foi incluído nas listas de Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos. De 2010 a 2013 Waters realizou unha nova xira en directo de The Wall que se converteu nunha das xiras máis taquilleras dun músico en solitario. En 2011 Waters declarou The Wall como o seu álbum favorito que gravou con Pink Floyd.

Listaxe de cancións

Notas

Véxase tamén Bibliografía Los 100 discos más vendidos de los 70 Hamish Champ.Ed. Libsa. Madrid, 2006. Ligazóns externas Análise completa sobre as letras de “The Wall” Páxina oficial do grupo

Categoría:Álbums de Pink Floyd Categoría:Álbums musicais de 1979 Categoría:Álbums conceptuais Categoría:Álbums de Capitol Records Categoría:Álbums de Columbia Records Categoría:Álbums de EMI Records Categoría:Álbums de Harvest Records