Era outra vez é un filme galego do ano 2000 dirixido por Juan Pinzás e rodado orixinalmente en lingua galega.

Foi o primeiro filme español adscrito ao movemento Dogma 95.

Sinopse Uns excompañeiros da mesma promoción de xornalistas reúnense durante unha fin de semana despois de dez anos acabados os seus estudos, unha promesa que se fixeran no seu momento. Estes son Rosendo (Monti Castiñeiras), Nacho (Víctor Mosqueira), Beatriz (Pilar Saavedra), Loreto (Isabel Vallejo) e Lucas (Vicente de Souza). Reúnense no chalé de Rosendo, que é escritor, e que está escribindo un libro co mesmo tema que trata a película. Loreto non traballa con temas relacionados co xornalismo, senón que pinta cadros. Lucas, xornalista deportivo, vai coa súa moza Patricia (Mara Sánchez). Beatriz "The Best", que é unha famosa figura televisiva, vai co seu rapaz Bruno (Marcos Orsi). Nacho é homosexual, e confésalle a Rosendo que aínda lle gusta, mais Nacho non logrará atraer ao solitario escritor os seus beixos.

A reunión consiste nunha fin de semana enteira, que comeza cunha merenda, onde Patricia saca o tema dun cadro que mercara Lucas por 1250 euros, que lle parecía unha "pintura de merda", e que resulta ser da Loreto, que o tiña exposto nunha galería e asinado con pseudónimo. Loreto cando contactara con Lucas para reunirse faláralle da súa exposición. E resulta que entre Lucas e Loreto existen reminiscencias dos seu amorío universitario, do que acabará finalmente rexurdindo nunha nova relación.

Personaxes Monti Castiñeiras como Rosendo Pilar Saavedra como Beatriz Vicente de Souza como Lucas Mara Sánchez como Patricia Víctor Mosqueira como Nacho Isabel Vallejo como Loreto Marcos Orsi como Bruno Mimy Fuentes como Criada Antón Reixa como editor Paul Naschy como xardineiro

Produción Tivo un orzamento de 1.803.100 € A rodaxe do filme comezou o 25 de xaneiro de 1999 e rematou o 23 de outubro de 1999 en localizacións de Madrid e Galicia.

Acollida Recadou 104.234,28 € nos cinemas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Perfil en CulturaGalega.gal Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Juan Pinzás Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Madrid