Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909, foi un prominente empresario galego e mecenas do seu tempo.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia rica, e de novo emigrou a Cuba, onde alcanzou o éxito nos negocios, abrindo o seu propio banco. Alí coñeceu outro inmigrante e empresario, tamén galego, Policarpo Sanz, co que mantivo unha grande amizade toda a súa vida. Xuntos tomaron a iniciativa da sociedade de Beneficencia Natural de Galicia e do Centro Galego da Habana. A escritora María Xosé Queizán acúsao na novela Amor de tango (1992) de actividades negreiras e de trata de brancas. miniatura|Monumento de Francisco Asorey a García Barbón. En 1882 financiou a construción do santuario dos Remedios de Verín, na parroquia de Vilamaior do Val.
Con 53 anos de idade, decidiu regresar a Galicia por razóns médicas. Despois de dez anos decidiu instalarse definitivamente en Vigo coa súa irmá e catro sobriños, xa que permaneceu solteiro. Alí, comezou a mercar propiedades para construír grandes edificios como o Teatro Rosalía de CastroO teatro Rosalía de Castro de Vigo ardería en 1910. Sobre as súas cinzas edificouse o Teatro García Barbón, hoxe Centro Cultural Afundación. ou a Escola de Artes e Oficios, e Caridade. En 1907 fundou o balneario de Cabreiroá. Viviu no seu pazo na Facenda Vista Alegre (situado ao lado da actual Avenida García Barbón, en Vigo), ata a súa morte en 1909.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Verín Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1909