Belinda é un satélite interior de Urano. Belinda foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 13 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 5. Foi máis tarde bautizada co nome da heroína do poema de Alexander Pope, The Rape of the Lock. Tamén é coñecida coma Urano XIV.

Belinda pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Bianca, Crésida, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita. Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes. Por desgraza, a parte da súa órbita, o seu raio de 45 km e ó seu albedo xeométrico de 0,08, pouco máis se sabe deste astro.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Belinda coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A lúa é moi alargada, cun eixo menor de 0,5 ± 0,1 veces o tamaño do eixo maior. A súa superficie é de cor gris.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas Belinda Profileby NASA's Solar System Exploration Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Urano