miniatura|Escudo de armas da Casa de Castro. Estevo Fernández de Castro foi un nobre galego que desempeñou o cargo de Pertegueiro maior de Santiago a finais do século XIII.
Orixes familiares Descoñécese a data do seu nacemento. Estevo foi fillo de Fernán Gutiérrez de Castro e de Milia Íñiguez de Mendoza, neto por parte paterna de Gutierre Rodríguez de Castro e Elvira Osorio, e por parte materna de Íñigo López de Mendoza, señor de Llodio. Tivo varios irmáns, entre outros, André Fernández de Castro, pertegueiro maior de Santiago e adiantado maior de Galicia, e de Urraca Fernández de Castro.
Traxectoria En 1272 tomou parte, xunto ao infante Felipe e outros magnates, na revolta nobiliaria contra Afonso X de Castela. Antes de que a rebelión estalase, comezou a manifestarse no desacato que algúns ricohomes, entre os que se atopaba o infante Felipe, manifestaron cara ao rei, pois se negaron a acudir a Sevilla coas súas tropas para socorrer ao infante Fernando de la Cerda, que combatía aos musulmáns. O rei de Granada, así como o sultán dos benimerines, achábanse implicados na caonxura, a fin de debilitar ao soberano castelán. Nas Cortes de Burgos de 1272 Afonso X , que se aveu a negociar cos nobres, autorizou o matrimonio de Estevo Fernández de Castro con Aldonza, filla de Rodrigo Alfonso e neta do rei Afonso IX de León, que era ademais curmá do rei.
Tralas Cortes de Burgos de 1272, nas que parecía que o soberano castelán alcanzaría un acordo cos magnates sublevados, rompéronse as negociacións e os magnates sublevados contra o rei de Castela, entre os que se contaba Estevo Fernández de Castro, partiron cara ao reino de Granada, onde foron acollidos con todos os honores polo rei Muhammad I de Granada, logo de asinar un acordo con el en Sabiote no que os nobres asinantes comprometéronse co soberano granadino a prestarse axuda mutuamente contra Afonso X, ata que o rei accedese ás súas demandas. Antes de dirixirse a Granada, os magnates saquearon o territorio, roubando gando e devastando algúns territorios, malia que o rei lles enviou mensaxeiros, portando cartas nas que se recordaba aos sublevados os favores que recibiran do rei, así como a súa traizón ao incumprir os seus compromisos como vasalos co soberano.
A finais de 1272, o rei Afonso X tivo coñecemento de que o seu irmán o infante Felipe, negociaba secretamente co rei de Navarra a fin de que este se involucrase nunha guerra contra o reino de Castela e León. Entre os involucrados nas negociacións co soberano navarro achábase Estevo Pérez de Castro, que reprochaba ao rei a súa negativa a entregarlle á súa esposa, Aldonza que se achaba retida polo rei, e que reclamaba o cargo de adiantado maior de Galicia, que desempeñara desde o ano 1266.
A comezos de 1273 achándose na cidade de Toledo, Afonso X o Sabio renovou as negociacións cos magnates sublevados e accedeu á maioría das súas demandas, entre as que se contaba a que facía Estevo Fernández de Castro, que reclamaba os 3000 marabedís da soldada de Martín Alfonso de León, fillo ilexítimo de Afonso IX.
En 1273 desapareceu o cargo de adiantado maior de Galicia, que desempeñaba Estevo Fernández de Castro, quen en 1276 foi nomeado pertegueiro maior de Santiago e, dous anos despois, meiriño maior de Galicia.
En 1282, Estevo Fernández de Castro, que durante a guerra civil castelá apoiou ao bando do infante Sancho, que loitaba contra o seu pai Afonso X, foi recompensado polo infante Sancho, o cal fíxolle entrega das rendas derivadas do arrendamento de tres anos das terzas dos bispados de Zamora, Salamanca, Ciudad Rodrigo e Coria.
Faleceu logo de xuño de 1291, pois nese ano outorgou unha carta de arras, en nome do seu fillo Fernando, a favor de Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima do rei Sancho IV o Bravo e esposa do seu fillo.O 18 de xuño de 1291 (Monasterio Feminino de Sancti Spíritus de Salamanca, documento 36): Carta de arras dada por Esteban Fernández de Castro, pertegueiro maior en terras de Santiago de Compostela en nome do seu fillo Fernando Rodríguez de Castro a Violante, filla de Sancho IV de Castela e María Alfonso de Ucero, arras que consistiron en o meu castelo de Villa Martín que foy de don Rodrigo Ferrandes de Valdorna, avoe (abuelo) de dona Aldonza Rodríguez, mia moller que foy, además de tierras en Santiago de Compostela y en Toroño, i.e., Coto d'Arcos de Condesa, coto de Salcedo, y lo que tiene en Quella y en Quintaela y en Teys e estes lugares sobreditos sum de mina avoenga (abuela). También los cotos de Valladares, de Gulaos, de Nogueira, de Caldelas y de Pías que dice habían sido de su mujer Aldonza Rodríguez.
Matrimonio e descendencia Casou con Aldonza, filla de Rodrigo Alfonso de León e neta do rei Afonso IX. Froito do seu matrimonio naceu un fillo:
Fernando Rodríguez de Castro (1280-1304). Señor de Lemos e Sarria, de Cabreira e Ribeira, adiantado maior de Galicia, pertegueiro maior de Santiago e comendeiro da Igrexa de Lugo. Casado en matrimonio con Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Pertegueiro maior de Santiago
Categoría:Adiantados maiores do Reino de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século XIII