1957 (MCMLVII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 3 de xaneiro - A Empresa de Reloxos Hamilton crea o primeiro reloxo eléctrico. 25 de marzo - Asínase en Roma o tratado constitutivo da CEE e o tratado europeo da Enerxía Atómica. abril - Exipto reabre o Canal de Suez. 27 de xuño - A empresa automobilística SEAT pon á venda o SEAT 600. 4 de outubro - Lanzamento do primeiro satélite artificial por parte da Unión Soviética, chamado Sputnik, -literalmente- "compañeiro de viaxe". 3 de novembro - A cadela Laika é enviada ó espazo na nave Sputnik 2. 23 de novembro - Estala unha revolta armada en Ifni e interveñen as tropas españolas. Éxito do lanzamento do primeiro mísil intercontinental estadounidense. miniatura|Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas en Buenos Aires o día do seu casamento. Nacementos 1 de xaneiro - Antón Patiño, pintor galego. 3 de xaneiro - Bojan Križaj, esquiador esloveno. 8 de xaneiro - Bieito Iglesias, escritor galego 23 de xaneiro - Carolina Grimaldi (Carolina de Mónaco), princesa de Mónaco. 26 de xaneiro - Eddie Van Halen, guitarrista. 23 de febreiro - Eduardo Giannetti, economista brasileiro. 28 de febreiro - Gonzalo Navaza, escritor galego. 10 de marzo - Osama bin Laden, xefe fundador da rede terrorista Al-Qaida (m. 2011). 17 de abril - Antón Reixa, escritor, músico e director de cine galego. 23 de marzo - Ananda Devi, escritora de Mauricio. 29 de abril - Pilar Pallarés, poeta coruñesa. 29 de abril - Daniel Day-Lewis, actor británico. 30 de abril - Marko Mihevc, compositor esloveno. 10 de maio - Sid Vicious, músico punk británico. 16 de maio - Yuri Shevchuk, músico ruso. 20 de maio - Yoshihiko Noda, político xaponés. 25 de maio - Mercedes Oliveira Malvar, filósofa galega. 1 de xuño - Yasuhiro Yamashita, judoca xaponés. 15 de xullo - Luísa Villalta, escritora galega (m. 2004). 25 de setembro - Michael Madsen, actor estadounidense (m. 2025). 26 de outubro - Manuel Rivas, escritor, xornalista e poeta galego. 28 de outubro - Gohar Muradyan, filóloga e tradutora armenia. 8 de decembro - Butch Vig, produtor e músico estadounidense. 9 de decembro - Xavier Queipo, escritor galego. 24 de decembro - Hamid Karzai, político afgán.

Mortes 10 de xaneiro - Gabriela Mistral, poeta chilena. 14 de xaneiro - Humphrey Bogart, actor estadounidense. 16 de xaneiro - Arturo Toscanini, músico italiano. 16 de xaneiro - Fernando Villamarín Rodríguez, avogado e político galego. 8 de febreiro - John von Neumann, físico e matemático húngaro-estadounidense. 8 de febreiro - Walther Bothe, físico alemán. 27 de febreiro - José Quintas da Vila agrarista e xornalista galego (n 1873).

16 de marzo - Constantin Brâncuşi, escultor romanés.

21 de marzo - José Rey González, mestre e poeta galego.

30 de abril - Manuel Peña Rey, médico e político galego (n. 1899). 12 de maio - Erich von Stroheim, cineasta estadounidense de orixe austríaca. 23 de xuño - Giuseppe Tomasi di Lampedusa, escritor italiano. 26 de xuño - Malcolm Lowry, escritor británico. 26 de xuño - Alfred Döblin, escritor alemán. 30 de agosto - Josep Lluís Facerías, guerrilleiro antifranquista catalán (n. 1920). 20 de setembro - Jean Sibelius, compositor finés. 23 de setembro - Salvador Etcheverría Brañas, avogado e diplomático galego (n. 1894). 26 de outubro - Nikos Kazantzakis, escritor grego. 3 de novembro - Wilhelm Reich, psicólogo austríaco. 24 de novembro - Diego Rivera, pintor mexicano.

Premios Nobel Física: Chen Ning Yang e Tsung-Dao Lee Química: Lord Todd Fisioloxía ou Medicina: Daniel Bovet Literatura: Albert Camus Paz: Lester Bowles Pearson

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1957