Antonio García Teijeiro, nado en Vigo o 13 de agosto de 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.

Traxectoria Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.

Recibiu o Premio MerlínFicha da obra Na fogueira dos versos no sitio web de Edicións Xerais de Galicia. e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBYEl autor: Premios y reconocimientos en Cervantesvirtual .. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar"Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura por Poemar o mar, escrito en galego, nova en Praza Pública, 3 de outubro de 2017..

Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.

Xogou ao balonmán na División de Honra co Academia Octavio.

Obra en galego miniatura|Pontevedra, 14/05/2018. Falando sobre María Victoria Moreno.

Poesía

Parolando coa vixencia (1987). Edición do autor. 74 páxs. ISBN 978-84-398-9290-8. Retorno ós lamentos (1988). Vigo: Xerais. 68 páxs. ISBN 9788475073248. Na agonía dos outonos en silencio (1992). Sada: Ediciós do Castro. 78 páxs. ISBN 9788484850656. Polo camiño do incerto (2004). Sada: Ediciós do Castro. 67 páxs. ISBN 9788484851646. Presenzas marcadas (2007). Santiago: Follas Novas. 84 páxs. ISBN 978-84-85385-39-3. Arredor do teu corpo (2008). A. C. Caldeirón. ISBN 978-8415084679. Poesía cromática (2017). Vigo: Belagua. Con ilustracións de Xulio García Rivas. 96 páxs. ISBN 978-84-946959-0-2. Se falases de min (2022). Vigo: Ed. Elvira. Unha viaxe de autenticidade cos poemarios Palabras envoltas en cancións e Cando caen as follas que inspiran as pinturas que os acompañan e as inconfundibles voces que interpretan os poemas. Ilustracións de Xulio García Rivas. Intérpretes das cancións do CD: Paco Ibáñez e Alberto Cunha. 192 páxs. ISBN 978-84-125185-4-2. O poder da fraxilidade (2023). Vigo: Belagua. 102 páxs. ISBN 978-84-124434-9-3.

Literatura infanto-xuvenil

Poesía Aloumiños (1988) Vigo: Galaxia. Ilustracións RuAn. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-692-3. Coplas (1988). Vigo: Galaxia. En 2008: 32 páxs. ISBN 9788498651027. Ilustracións de Rubén Pérez Puig. Nenos (1988). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Manuel Janeiro. ISBN 978-84-7154-610-4. Cacarabín, cacarabón (1991). Vigo: Edelvives. Ilustracións de Teo Puebla. ISBN 978-84-263-5274-3. As catro estacións (1991). (1988). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9865-347-2 (3ª). Ventos (1992). Vigo: Xerais. Ilustracións de Ana G. Buhigas. 48 páxs. ISBN 9788475076119 Lueiro de papel (1995). Vigo: Xerais. 48 páxs. Ilustracións de Mª Antonia Pacual. ISBN 9788475079264. Na fogueira dos versos (1996). Vigo: Xerais. Ilustracións de Enjamio. ISBN 978-84-9782-504-7 (7ª, 2007). Os nosos versos: antoloxia (1997). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-8302-977-0 (4ª, 2003). Ilustracións de Fino Lorenzo. Fantasía en re maior (1997). Vigo: Edelvives. 81 páxs. ISBN 9788426337207. Ladrándolle á lúa (1997). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-306-8. Unha chea de aloumiños (1998). Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 9788482881683. Reúne nun único volume catro libros de poesía para rapaces publicados en 1988 (Coplas, Nenos, Aloumiños) e 1992 (Poemas do sol e da lúa) Caderno de fume (1999). Madrid: Anaya. ISBN 9788420792521. Ilustracións de Xosé Cobas. Nos mares diversos (1999). Unión de Cooperativas do Ensino de Traballo Asociado de Galicia. 131 páxs. ISBN 978-84-922542-4-8. Palabras envoltas en cancións (2000). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-8288-355-7. Aire sonoro (2001). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Xosé Cobas. 65 páxs. ISBN 978-8476803493. ¡Ai, canto falan as pombas que falan! (2002). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Manuel Uhía. 46 páxs. ISBN 9788476804049. Paseniño, paseniño (2003). Everest. Xerais: 2018, ilustracións de Marcos Viso. ISBN 978-84-9121-414-4. Bicos na voz (2004). Deputación de Málaga. Edición bilingüe galego-castelán. Chove nos versos (2004). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-201-5. ePub: ISBN 978-84-9121-321-5. Ilustracións de Lázaro Enríquez. Cando caen as follas (2006). A Coruña: Everest. Ilustracións de Xosé Cobas. 64 páxs. ISBN 9788440305268. Á sombra do lueiro de papel (2007). A Coruña: Everest. Ilustracións de Manolo Uhía. 72 páxs. ISBN 9788440309198. Petando nas portas de Dylan (2007). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 9788471540126. Bolboretas no papel (2008). Vigo: Tambre. 58 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. ISBN 9788492404131. As palabras están a mirarse arredor da mesa (2009). A Coruña: Everest. En Cuarto de Inverno, con ilustracións de Lidia Cao, ISBN 978-84-121604-8-2. Recendos de aire sonoro (2011). Vigo: Xerais. 88 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. ISBN 978-84-9914-201-2. Un rato díxolle á lúa. Antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro (2013). Vigo: Xerais. Ilustracións de Xosé Cobas. 152 páxs. ISBN 978-84-9914-505-1. ePub: ISBN 978-84-9121-810-4. Poemar o mar (2016). Vigo: Xerais. Ilustracións de Xan López Domínguez. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-018-4 (6ª). ePub: ISBN 978-84-9121-975-0. Palabras do mar (2016). Ferrol: Embora. Ilustracións de Xosé Tomás. 40 páxs. ISBN 9788416456031. Vento, ventiño, venteiro (2019). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-567-7. Bicos e non balas (2019). Galaxia. 108 páxs. Escolma de poemas. Ilustracións de Bea Gregores. ISBN 9788491513964. Canta, miña rula, canta (2021). Vigo: Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9151-629-3. No xardín do poeta (2022). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-963-7. ePub: ISBN 978-84-9121-967-5. Ilustracións de Víctor Rivas. Que demo de monicreque (2022). Vigo: Galaxia. 76 páxs. ISBN 978-84-9151-835-8. Ilustracións de Xosé Cobas. O poder da fraxilidade (2023). Vigo: Belagua. 102 páxs. ISBN 978-84-24434-9-8. Os ecos do vento (2024). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Noemí Villamuza. 32 páxs. ISBN 978-84-1343-281-6. 12 poemas.

Narrativa A chave dos soños (1988). Vigo: Galaxia. 108 páxs. ISBN 978-84-7154-653-1 (5ª). Relatos. Noa (1989). Vigo: Galaxia. Traducida ao castelán, ao catalán, ao aranés, ao éuscaro e ao éuscaro (biscaíño). A teima de Xan (1991). Sotelo Blanco. En Galaxia (2005). 128 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. ISBN 9788482887883. O cabalo de cartón (1992). Vigo: Edelvives. Ilustracións de Manolo Uhía. 48 páxs. ISBN 9788426324498 Sempre quenta o sol (1994). Santiago: Obradoiro Santillana. ISBN 978-84-87937-89-7. Ó Outro lado da esquina (1996). A Coruña: Bruño. ISBN 978-84-216-2890-4. 4 contos. Cara a un lugar sen nome (1998). Santiago: Sotelo Blanco. 76 páxs. ISBN 978-84-7824-331-0. 4 relatos. En voz baixa (1998). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 136 páxs. ISBN 9788483022276. En castelán En voz baja, Ed. Elvira, Tradución: Antón García-Fernández, ISBN 978-84-12633467. O que ven os ollos dos nenos (2000). Vigo: Xerais. 80 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. Prosa poética. ISBN 9788483025987. Os peixes de cores (2002) e (2007). Vigo: Xerais. 112 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas. ISBN 9788483027868. Trala liña do horizonte (2002). Vigo: Luís Vives. 120 páxs. ISBN 9788426348760. Honorato, o rato namorado (2007). Vigo: Xerais. 64 páxs. Ilustracións de Manolo Huía. ISBN 9788497825740 Cos ollos na Lúa (2010). A Coruña: Everest. 48 páxs. Ilustracións de Noemí López. ISBN 9788440311511. Verbas de sal (2011). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-9914-108-4. Ilustracións de Alberto Vázquez. Raiolas de sol (2016). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9865-692-3. Relatos.

Ensaio O libro na escola, as bibliotecas escolares e de aula (1989). Santiago: Xunta de Galicia. Disfrutar escribindo: a narración e a poesía nas aulas (1990). Vigo: Galaxia. 64 páxs. ISBN 9788471547422. O delfín vermello I e II. Proposta didáctica (1992). Madrid: Anaya. A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula (2009). Vigo: Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-9865-212-3.

Traducións Onde está Wally?, de Martin Handford (1991). Ediciones BFicha da obra no Proxecto Meiga..

Edicións Celso Emilio Ferreiro para nenos (1988). Madrid: Ediciones de la Torre. Antoloxía, de Celso Emilio Ferreiro (1989). Vigo: Xerais. Nos mares diversos (1999). UCETAG.

Obras colectivas A cidade, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero. O mar, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero. A montaña, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero. O oído, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero. O olfato, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero. O tacto, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero. A vista, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero. As catro estacións. O inverno, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero. As catro estacións. O outono, de Ulises Wensell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero. As catro estacións. A primavera de Asun Balzola, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero. As catro estacións. O verán, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero. O Monicreque de Alicia, 1992, Xunta de Galicia. Trazos, trozos e retrincos, 1992, Xunta de Galicia. E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Un saquiño de contos, 2001, Xerais. Bicos, bicos e máis bicos, en Para cantar e contar, 2003, Xunta de Galicia. 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Contos de cabuxas, ratos, libros e casas, 2004, Xunta de Galicia. Postais do Camiño, 2004, Galaxia. Contos e poemas para un mes calquera, 2006, Planeta-Oxford. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais. Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Lendo lendas, digo versos (2015). Vigo: Xerais, con Antonio Reigosa e Xosé Cobas. ISBN 978-84-9914-916-5. E de súpeto o inverno, 2017, Agalir. Os Direitos das Crianças, 2018, Trinta Por Uma Linha. En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).

Premios Premio Merlín no 1996, por Na fogueira dos versos. Lista de Honra do IBBY no 1998, por Na fogueira dos versos. Premio Pier Paolo Vergerio no 1998, por Na fogueira dos versos. I Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, 2007, por Arredor do teu corpo. Premio Fervenzas Literarias 2014 (Mellor libro infantil) por Un rato díxolle á lúa. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017, por Poemar o mar.

Obra en castelán Literatura infanto-xuvenil Versos de agua (1989). Edelvives, poemario. Volando por las palabras,1(992). Edelvives, poemario. Al hilo de la palabra (1997). UCETAG, poemario. Todo es soñar (2006). Brosquil, poemario. Versos con alas (2006). Bellaterra, poemario. Viene el río recitando (2008). Algar, poemario.

Obras colectivas Cuentos y poemas para un mes cualquiera (2005). Planeta e Oxford. Estelas de versos (2008). Universidad de Castilla-La Mancha. Con Rafael Cruz-Contarini.

Premios Obra gañadora do Quinto Certame de Poesía Infantil Luna de aire, convocado por CEPLI, no 2007, por Estela de versos. Con Rafael Cruz-Contarini. Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.

Vida persoal