Peter Hook, nado o 13 de febreiro de 1956 en Salford, Lancashire, é coñecido por ser o baixista e cofundador de Joy Division e, de logo de New Order, cando tamén tiña outros proxectos como a banda Monaco e Revenge, así como tamén era produtor dos grupos Inspiral Carpets e The Stone Roses. Recentemente tamén traballa de DJ.
No 2009 publicou un libro chamado The Haçienda, na que rememora a súa época da principios dos oitenta, na que o club de Manchester con ese nome converteuse no berce do synthpop e afterpunk.
Instrumentos Nos seus comezos con Warsaw e Joy Division, Peter estivo usando copias de afamados modelos de baixos. Na súa época de Warsaw, tocaba cunha réplica dunha Gibson EB 0 e pouco despois, en Joy Division, usou outra de Rickenbacker, dunha marca chamada Hondo. Logo comezou a usar unha Yamaha BB1200 e un Shergold Marathon, este último de 6 cordas, ámbolos dous usados tamén en New Order.
Notas
Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1956 Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Nados en Lancashire