Rubén David Morodo Ruíz, artisticamente coñecido como Morodo, nado o 1 de decembro de 1979, é un mc madrileño. O seu estilo e o ragga, con influencias do hip hop e en boa parte do reggae.
Biografía Adopta desde rapaz, como estilo de vida, a cultura hip hop e a música xamaicana, especialmente a que está feita en español, que nace a principios da década dos oitenta en Panamá, máis concretamente na cidade de Colón e que comeza a chegar a España unha década despois. Xa con catorce anos é habitual de multitude de jams de hip hop, en todo o territorio nacional, xunto a outros membros da Ozm Posse, onde desde o primeiro momento destaca o seu cru estilo “rap-ragga” e onde grava maquetas xunto con outros cantantes e produtores.
Este xa comezou a rimar coa crew OZM do barrio da Alameda de Osasuna en Madrid, onde xa era coñecido polo seu estilo de cantar. No 2001 edita de forma profesional o seu primeiro LP, titulado OZMLStayl. Este nome provén da unión do nome do seu crew coa palabra "Stayl" (referente ao estilo). Despois de tres anos, publica o seu segundo LP, Cosas que contarte cun son mais próximo ao reggae. A razón de tardar tanto tempo foi porque estaba buscando un selo discográfico que lle permitise traballar máis a gusto. Como non encontrou ningún decidiu crear o seu propio selo: Taifa. Mentres, estivo colaborando nos discos doutros artistas.
Música As letras de Morodo falan dos seus pensamentos, inquedanzas, relacións co sexo oposto, a súa gana de festa e un sentimento rasta que está presente nos seus discos Ozmlstayl ou Cosas que contarte.
Discografía OZMLStayl (LP) (Fünkdamental, 2001) Yo me pregunto (Maxi) (Taifa Records, 2004) Cosas que contarte (LP) (Taifa Records, 2004) Rebel-Action (LP) (Taifa Records, 2010)
Colaboracións Souchi "La esencia" (2000) Maese KDS "Viviendo y aprendiendo" e "Te tengo calao"(2001) Paco Camaleón "Yo me levanto" (2001) La Jet Set Connexion "Sin escape" (2002) Trovadores de la lírica perdida "Filosofía de barra" (2002) Makamersim "Original dancehall" (2002) Dharmakarma "Dharmakarma" (2002) Souchi "La esencia 2002" (2002) Kamikaze by axel "''Bien sobre mal: GanjaParty + BluePrint" (2003) 995 "Kompetición" (2003) Picolo "Soltaron los perros" (2004) Jota Mayúscula "Una vida xtra" (2004) Newton "Para que mis noches en vela no sean en vano" (2004) Kamikaze "Bien sobre mal vol. 2: Ojos rojos + Black rain + Al'Andalus" (2004) La Meka 55 "Y yo feliz" (2004) Bombo Records "K2: Kompetición 2" (2004) Meko "Zona de guerra" (2004) Indica Sound "Tú eres como el fuego" (2005) SFDK "Esta canción va dedicada" "2005" (2005) Varios "Tiempo de kambio" (2006) Jota Mayúscula "Camaleón" (2006) Kultama "Te dejo la ciudad" (nacional e importación 2006) Falsalarma " Fieles con lo vivido " (2008) Ganjahr Family "Aquí y ahora" (2009)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Myspace de Morodo
Categoría:Rapeiros de Madrid Categoría:Nados en Madrid