Little Miss Sunshine é un filme estadounidense do ano 2006, dirixida por Jonathan Dayton e Valerie Faris. A película gañou o Óscar ó mellor actor secundario (Alan Arkin) e o Óscar ó mellor guión orixinal e foi candidata ó Óscar ó mellor filme, á parte de participar e obter outros premios.

Sinopse Os Hoover realizan unha viaxe a California para presentar a nena Olive (Abigail Breslin) a un concurso de beleza chamado Little Miss Sunshine. Ante a grande ilusión da filla, seus pais Richard (Greg Kinnear) e Sheryl (Toni Collette) deciden facer o longo traxecto durante o cal as personalidades dos membros da familia sairán a flote. Na furgoneta Volkswagen marela que empregan para a viaxe van, á parte dos pais, a cativa, o avó de Olive e pai de Richard (Alan Arkin), que axuda a Olive co concurso, o tío Frank (Steve Carell), profesor experto na obra de Marcel Proust que se recupera dun intento de suicidio tras ser abandonado polo seu mozo, e o irmán de Olive, Dwayne (Paul Dano), fanático de Nietzsche que está realizando un voto de silencio até ingresar na Forza Aérea dos Estados Unidos.

Personaxes Greg Kinnear como Richard Hoover Steve Carell como Frank Ginsberg Toni Collette como Sheryl Hoover Paul Dano como Dwayne Hoover Abigail Breslin como Olive Hoover Alan Arkin como Edwin Hoover Bryan Cranston como Stan Grossman Dean Norris como State Trooper McCleary Wallace Langham como Kirby Beth Grant como Asistente oficial Jenkins Mary Lynn Rajskub como Asistente do concurso Pam Matt Winston como Asistente MC

Premios Recibiu en total 31 premios e 34 candidaturas.

Premios Óscar Ano Categoría Candidatos Resultado2006Mellor filmeCandidata2006Mellor actor secundarioAlan ArkinGañador2006Mellor actriz secundariaAbigail BreslinCandidata2006Mellor guión orixinalMichael ArndtGañadora

Globos de Ouro Ano Categoría Candidatos Resultado2007Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musicalCandidata2007Globo de Oro á mellor actriz - Comedia ou musicalToni ColletteCandidata

Premios BAFTA Ano Categoría Candidatos Resultado2006BAFTA á mellor películaCandidata2006BAFTA ó mellor directorJonathan DaytonValerie FarisCandidatos2006BAFTA ó mellor actor secundarioAlan ArkinGañador2006BAFTA á mellor actriz secundariaAbigail BreslinCandidata2006BAFTA á mellor actriz secundariaToni ColletteCandidata2006BAFTA ó mellor guión orixinalMichael ArndtGañadora

Premios SAG Ano Categoría Candidatos Resultado2006Premio SAG ó mellor elenco de actoresGañadora2006Premio SAG ó mellor actor secundarioAlan ArkinCandidato2006Premio SAG á mellor actriz secundariaAbigail BreslinCandidata

Comentarios A rodaxe realizouse entre os estados de California e Arizona. Concretamente en Arizona filmouse nas localidades de Chandler, Flagstaff e Phoenix. No estado de California gravouse nos Ánxeles, Santa Clarita e Ventura. O DVD trae finais alternativos onde rouban o premio do concurso. Os directores, habituais no mundo dos vídeos musicais, realizaron videoclips para Red Hot Chili Peppers, R.E.M., The Smashing Pumpkins e Oasis, entre outros. A actriz Mary Lynn Rajskub (1971) fai unha aparición cun pequeno papel na fin do filme.

Banda sonora Sufjan Stevens: Chicago (Sufjan Stevens). Matt Winston: America The Beautiful (tradicional). Francisco Javier González e Jose Zúñiga: Tu Abandono (Xocoyotzin Herrera). John Ehrlich: Information Highway (John Ehrlich). DeVotchka: Enemy Guns (DeVotchka). Casandra Ashe: Give My Regards To Broadway (George M. Cohan). Conway Twitty: Fifteen Years Ago (Raymond A. Smith). Inspiration: You've Got Me Dancing (Gordon Pogoda e Barry Upton). DeVotchka: La llorona (tradicional). Lindsey Jordan: Rodeo Queen (Darvin Jordan). David Sparkman: Martini Lounge (David Sparkman, Scott Nickoley e Jamie Dunlap). Pulse: Give It Up (Marc Dold e Judith Martin). John Ehrlich: Change The World (John Ehrlich). Julie Griffin: Let It Go (Gordon Pogoda). Rick James: Super Freak (Rick James e Alonzo Miller). DeVotchka: Til The End Of Time (Nick Urata e DeVotchka). Sufjan Stevens: No Man's Land (Sufjan Stevens).

Guión Antes de escribir o guión, Arndt leu nun xornal que o actor e gobernador de California Arnold Schwarzenegger, nun discurso ante uns escolares, dixo: «Se hai algo neste mundo que me dea noxo, son os perdedores. Desprézoos profundamente». Como resultado, Arndt creou un guión satirizando esa actitude.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jonathan Dayton e Valerie Faris Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal