Ramon Saizarbitoria, nado en Donostia o 21 de abril de 1944, é un escritor vasco en lingua éuscara.

Traxectoria Licenciado en socioloxía e director do Centro de Documentación e Estudios Sociolóxicos SIIS, publicou numerosos libros no eido dos servizos sociais. En 1967 creou a editorial LUR xunto con outros escritores, e na década dos 70 creou a revista literaria Oh Euzkadi.

Traballou principalmente a novela, mais tamén escribiu ensaio e poesía. Está considerado un dos autores máis importantes da literatura en éuscaro. Está considerado, canda Txillardegi, como o modernizador da novela vasca. Publicou a maioría dos seus traballos na editorial Erein. En 1985, o director Alfonso Ungría levou ao cinema o seu libro Ehun metro.

Foi elixido membro correspondente da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia).

Bibliografía Novela Egunero Hasten Delako ("Porque empeza cada día") (1969). Ehun metro ("Cen metros") (1976). Foi traducida ao castelán, inglés e italiano. Ene Jesus ("Meu Xesús") (1982). Hamaika Pauso ("Os pasos incontables") (1995). Bihotz bi. Gerrako kronikak ("Dous corazóns. Crónica de guerra") (1996). Gorde nazazu lurpean ("Gárdame baixo terra") (2000). Gudari zaharraren gerra galdua ("A guerra perdida dos vellos soldados") (2000). Rossetti-ren obsesioa ("A obsesión de Rossetti") (2001) Bi bihotz, hilobi bat ("Dous corazóns, unha tumba") (2001). Kandinskyren tradizioa ("A tradición de Kandinsky") (2003). Martutene (2012). Lili eta biok ("Lili e mais eu") (2015). Erein, ISBN 978-84-9746-941-8. Miren eta erromantizismoa ("Mirada e romanticismo") (2019).

Ensaio Mendebaleko ekonomiaren historia; Merkantilismotik 1914-era arte ("Historia da economía de Occidente; do Mercantilismo a 1914") (1970). Nacer en Guipúzcoa (1981). Perinatalidad y prevención (1981). Aberriaren alde (eta kontra) ("A favor -e en contra- da patria") (1999).

Poesía Poesia banatua ("Poesía repartida") (1969).

Premios

Premio da Crítica en 1982 por Ene J.esus Premio da Crítica en 1995 por Hamaika Pauso. Premio da Crítica en 1996 por Bihotz bi. Gerrako kronikak. Premio da Crítica e Euskadi Saria en 2001 por Gorde nazazu lurpean. Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia en 2004. Lan Onari do Goberno en 2012. Premio Euskadi de Literatura en 2013 por Martutene.

Notas

Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Donostia