Copa Eva Duarte é o nome que recibiu, entre 1947 e 1953, a competición futbolística española, organizada pola Real Federación Española de Fútbol, que enfrontaba ao campión da Liga española de fútbol e ao campión da Copa do Xeneralísimo. A Copa Eva Duarte foi, xa que logo, a competición predecesora da actual Supercopa de España.
Historia A Copa Eva Duarte tivo o seu precedente en 1940, cando os campións de Liga e Copa enfrontáronse por primeira vez nunha final denominada Copa de Campións. A Copa de Campións, con todo, non tivo continuidade.
En 1945, o embaixador da Arxentina en España propuxo recuperar o enfrontamento entre os campións de Liga e Copa, e ofreceu un trofeo chamado Copa de Ouro Arxentina. Proclamouse campión o FC Barcelona que derrotou na final ao Athletic Club, nun espectacular partido que acabou co resultado de 5-4.
En 1946 non se disputou o trofeo e, en 1947, volveuse a disputar aínda que, de novo a proposta do embaixador arxentino, co nome de Copa Eva Duarte de Perón, xa que o trofeo foi doado pola esposa do entón presidente da República Arxentina. A competición disputaríase, baixo esa denominación, durante sete anos consecutivos ata o final da tempada 1952-1953, a causa do falecemento, en 1952, de Eva Duarte de Perón.
Historial Tempada Nome Campión Subcampión Resultado 1939-1940 Copa de Campións Atlético Aviación RCD Espanyol 3-7 e 14-1 1944-1945 Copa de Ouro Arxentina FC Barcelona Athletic de Bilbao 5-4 1946-1947 Copa Eva Duarte Real Madrid Valencia CF 3-1 1947-1948 Copa Eva Duarte FC Barcelona Sevilla FC 1-0 1948-1949 Copa Eva Duarte Valencia CF FC Barcelona 7-4 1949-1950 Copa Eva Duarte Athletic de Bilbao Atlético de Madrid 5-5 e 2-0 1950-1951 Copa Eva Duarte Atlético de Madrid FC Barcelona 2-0 1951-1952 Copa Eva Duarte FC Barcelona (campión de Liga e Copa) 1952-1953 Copa Eva Duarte FC Barcelona (campión de Liga e Copa)
Palmarés Pos. Equipo Campión Subcampión1 FC Barcelona 4 2 2 Atlético de Madrid 213 Athletic Club 1 1 Valencia 11 5 Real Madrid 106 Espanyol 01 Sevilla 01
Véxase tamén Outros artigos Supercopa de España Copa do Xeneralísimo
Categoría:Competicións de fútbol desaparecidas en España