O Olympiacos B.C. (en grego Κ.Α.Ε. Ολυμπιακός), tamén coñecido como Olympiacos ou Olympiacos do Pireo, é un equipo de baloncesto grego con base no Pireo, que xoga as competicións da A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto grego, e a Euroliga. Foi fundado en 1931, e é un dos equipos con máis tradición da Europa. É propiedade dos multimillonarios irmáns Panagiotis e Giorgos Angelopoulos. É a sección de baloncesto do equipo Olympiakos Sindesmós Filathlon Piraiévs. Foi elixido pola FIBA coma o Equipo da Década dos '90.

Pavillón

O Olympiakos disputa os seus partidos no Estadio da Paz e a Amizade (en grego: Στάδιο Ειρήνης και Φιλίας), un pavillón situado na localidade de Falero, no Pireo, Ática. Está situado xusto en fronte do Estadio Georgios Karaiskakis, onde disputa os seus partidos de fútbol o Olympiakos FC. O pavillón construíuse en 1985, usándoo o Olympiakos dende 1991. Ten unha capacidade para 14940 espectadores, aínda que para os partidos de baloncesto redúcese a 12171. Foi a sede do Campionato de Europa de 1987 e do Campionato Mundial de Baloncesto de 1998.

Palmarés Competicións internacionais Euroliga Campións (4): 1997, 2012, 2013, 2026 Subcampións (6): 1994, 1995, 2010, 2015, 2017, 2023 FIBA Intercontinental Cup Campións (1): 2013

Competicións domésticas Liga de Grecia Campións (16): 1949, 1960, 1976, 1978, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 2012, 2015, 2016, 2022, 2023, 2025, 2026 Subcampións (24): 1957, 1972, 1973, 1975, 1977, 1979, 1980, 1981, 1986, 1992, 1999, 2001, 2002, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013, 2014, 2017, 2018, 2024 Copa de Grecia Campións (12): 1976, 1977, 1978, 1980, 1994, 1997, 2002, 2010, 2011, 2022, 2023, 2024 Subcampións (11): 1979, 1983, 1986, 2004, 2008, 2009, 2012, 2013, 2018. 2025, 2026 Supercopa de Grecia Campións (4): 2022, 2023, 2024, 2025

Xogadores Elenco actual

Destacados

Vangelis Angelou Dimitris Agravanis Efthimios Bakatsias Nikos Boudouris Ioannis Bourousis Pavlos Diakoulas Panagiotis Fasoulas Nasos Galakteros Steve Giatzoglou Andreas Glyniadakis Christos Charissis Argiris Kambouris Panagiotis Karatzas Georgios Kastrinakis Dimitris Katsivelis Kimonas Kokorogiannis Angelos Koronios Vangelis Mantzaris Loukas Mavrokefalidis Lazaros Papadopoulos Theo Papaloukas Dimitris Papanikolaou Kostas Papanikolaou Ioannis Papapetrou Giannis Paragios Michalis Pelekanos Stratos Perperoglou Georgios Printezis Sofoklis Schortsanitis Georgios Sigalas Kostas Sloukas Alekos Spanoudakis Ioannis Spanoudakis Vassilis Spanoulis Jake Tsakalidis Panagiotis Vasilopoulos Ian Vougioukas Patrick Femerling Chris Welp Fabricio Oberto D. J. Strawberry Arijan Komazec Damir Mulaomerović Dino Rađa Andrija Žižić Iñaki de Miguel Johnny Rogers Rašho Nesterović Mirza Begić Alex Acker Willie Anderson Walter Berry Patrick Beverley Josh Childress Joey Dorsey Bryant Dunston Tyus Edney Blue Edwards Maurice Evans Alphonso Ford Anthony Goldwire Jamon Gordon Lynn Greer Kyle Hines Othello Hunter Eddie Johnson Darius Johnson-Odom Acie Law Matt Lojeski Roger Mason Larry Middleton Jannero Pargo Josh Powell David Rivers James Robinson Von Wafer Stéphane Risacher Yotam Halperin Daniel Hackett Artūras Karnišovas Linas Kleiza Renaldas Seibutis Arvydas Macijauskas Eurelijus Žukauskas Pero Antić Aleksey Savrasenko Zoran Erceg Nikola Milutinov Žarko Paspalj Dragan Tarlać Miloš Teodosić Milan Tomić Dušan Vukčević Marko Kešelj Alexander Volkov Giorgi Shermadini

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Olympiacos Olympiacos en Euroleague.net Galanis Sports Data Estatísticas en ESAKE.gr

Categoría:Equipos de baloncesto de Grecia Categoría:Equipos campións da Euroliga Categoría:Olympiacos BC