Libia (en árabe: ‏ليبيا‎ Lībiyā, en bérber: Libya), é un país situado na rexión do Magreb no Norte de África. Ás beiras do mar Mediterráneo ao norte, Libia limita con Exipto ao leste, Sudán ao sueste, Chad e Níxer ao sur, e Alxeria e Tunisia ao oeste. Na Grecia antiga, o termo Libia era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda África do Norte ao oeste de Exipto.

Cunha área de ao redor de 1 800 000 quilómetros cadrados, Libia é o cuarto país máis grande de África por área e o décimo sétimo do mundo. A súa capital, Trípoli, acolle a 1,7 millóns dos 6,4 millóns de cidadáns libios. As tres partes tradicionais do país son Tripolitania, Fezzan e a Cirenaica. Libia posúe ademais o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e o cuarto maior PIB per cápita de África en 2009, só detrás das Seychelles, Guinea Ecuatorial e Gabón. Isto é debido principalmente ás súas reservas petrolíferas e á súa baixa poboación. Libia é un dos dez maiores produtores de petróleo mundiais. Conseguindo a súa independencia como Reino de Libia en 1951, o estado estivo gobernado dende 1969 até 2011 por Muammar al-Gaddafi, que chegara ao poder nun golpe militar e instaurara a Jamahiriya, teorizada polo propio Gaddafi.

A mediados de febreiro de 2011, protestas e manifestacións masivas estouparon en Libia contra o goberno de Gaddafi, estourando unha guerra civil. O 26 dese mesmo mes, as forzas Anti-Gaddafi informaron que tiñan baixo o seu control varias vilas costeiras e cidades e o día seguinte, o 27 de febreiro, crearíase un organismo coñecido como Consello Nacional Libio para actuar como o "rostro político da revolución", o cal foi recoñecido o 16 de setembro do mesmo ano como único representante legal do estado.

Etimoloxía O nome Libia (en árabe: ليبيا, Lībyā , en exipcio: R'bw, en púnico: lby, en grego antigo: Libúē, en latín: Libya) deriva orixinariamente da tribo bérber dos Libu (en grego antigo: Λίβυες, Líbues, en latín: Libyes). A terra dos Libu era Λιβύη (Libúē), coñecida en latín como Libya. Na Grecia clásica o termo tiña un significado moito máis amplo, e abranguía todo o continente que máis tarde (século II a.C.) pasou a ser coñecido como África, tendo en conta que na antigüidade África supoñía un terzo da superficie total da terra, xunto con Asia e Europa.

Durante a Idade Media Islámica, Ibn Khaldun rexistrou que a tribo Libu era coñecida como os LawataVéxase, por exemplo, o capítulo "Les Loouatah" do Le dialecte de Syouah de René Basset, Paris, Leroux, 1890 (texto en pdf online)(p. 1–14). P. 3: "On voit que les Lebou figurent au premier rang des barbares qui menaçaient l'Egypte du côté de l'ouest ; c'est aussi dans les régions qu'ils occupaient que les auteurs arabes placent les Loouata dont le nom correspond aux Lebou des Egyptiens, aux Loubim de la Bible, aux Levathae de Procope et aux Ilaguaten de Corripus". Libia acadou a súa independencia en 1951 como Reino Unido Libio (al-Mamlaka al-Libiyya al-Muttahida), trocando o seu nome a Reino de Libia (المملكة الليبية, al-Mamlaka al-Libiyya) en 1963. Despois do golpe de estado de 1969, o nome do país foi cambiado de novo, esta vez a República Árabe Libia.

O actual nome oficial do estado é Gran Jamahiriya Árabe Libia Popular Socialista (en árabe: الجماهيرية العربية الليبية الشعبية الاشتراكية العظمى, al-Ǧamāhīriyyah al-ʿArabiyyah al-Lībiyyah aš-Šaʿbiyyah al-Ištirākiyyah al-ʿUẓmā ). Jamahiriya é un termo árabe xeralmente traducido como "estado das masas". O termo, un neoloxismo acuñado por Muammar al-Gaddafi, tentou ser un nome xenérico para describir un tipo de estado: unha "república gobernada polas masas" ou "república popular".

Estado de Libia é ao ano 2020 o nome provisional do país até a aprobación dun novo texto constitucional.

Historia As primeiras mencións que aparecen de Libia na historia, refírense aos mercenarios libios contratados polo Antigo Exipto, no primeiro milenio a. C. O exército cartaxinés de Haníbal Barca tamén contará máis tarde con estes mercenarios que constituirán o punto máis forte da infantaría do seu exército na súa famosa expedición á Península Itálica a través dos Alpes. A franxa costeira do país foi visitada por gregos e fenicios, e dominada máis tarde polo Imperio romano, o reino vándalo de Xenserico, o Imperio bizantino, os árabes e o Imperio Otomán.

Libia italiana En 1912, Libia foi invadida por Italia. Até ese momento, debido ao seu escaso valor económico e estratéxico, o territorio (naquel momento controlado por xefes beduínos) librouse da voracidade das potencias imperialistas europeas, pero os italianos, que desexaban crearse un imperio colonial, non tiñan mellores terras que invadir, ao que se uniu a proximidade xeográfica do territorio coa súa propia península. O dominio italiano sobre Libia durou até o final da segunda guerra mundial, conflagración na que o territorio foi testemuña da loita entre o Afrika Korps de Rommel, por parte do Eixo, e as tropas de Montgomery, por parte de Gran Bretaña.

Reino de Libia

miniatura|esquerda|180px|Bandeira do Reino de Libia. Ao final da guerra os aliados non logran pórse de acordo sobre o futuro da antiga colonia italiana. Nese momento era un territorio máis de cinco veces maior que a propia Italia. Con todo, a poboación non excedía o millón de habitantes, polo que representaba un destino apropiado para o remanente de poboación de Italia que empezou a buscar lugares aos cales emigrar despois da guerra. Os receos entre occidente e a Unión Soviética fan que finalmente a ONU decida dar a independencia ao país deixándoo en mans do rei Idris.

Desta forma Libia convértese na primeira colonia africana en lograr a súa independencia. Máis adiante as potencias europeas lamentarían este feito, pois contribuíu a desencadear as diferentes loitas pola independencia africana. Ademais perderon para si a última oportunidade de construír un estado de estilo europeo no litoral sur do Mediterráneo.

Gran Jamahiriya miniatura|dereita|175px|Idris I. O coronel Muammar al-Gaddafi tomou o poder en 1969 a través dun golpe de estado e implantou un réxime de goberno socialista (considerado por algúns como autoritario) coñecido como Jamahiriya (estado das masas) que pretende ser un sistema de goberno directo onde o pobo exerce o poder mediante a participación directa é protagonista nas tomas de decisións (Poder Popular). Defensor do panarabismo e do islam, Gaddafi patrocinou, supostamente, accións terroristas contra países occidentais e principalmente contra obxectivos estadounidenses. Por estes feitos Ronald Reagan ordenou o o bombardeo das dúas principais cidades libias, Trípoli e Bengasi, en 1986. Nestas accións morreron varios civís, incluíndo unha filla adoptiva de Gaddafi, Jana.

Desde 1978 e até 1987, existiron conflitos entre Libia e o Chad pola participación libia na guerra civil dese país. As forzas libias apoiaron a unha facción, achegaron tropas e útiles na zona fronteiriza, e nun momento dado lograron avanzar até a capital. Finalmente os chadianos conseguiron que os libios se retirasen do seu territorio, na chamada "Guerra dos Toyota".

A finais dos anos oitenta do século XX dous avións explotaron como consecuencia de atentados terroristas, un no Reino Unido e outro en África. Os Estados Unidos, Gran Bretaña e Francia acusaron a Libia das devanditas accións e emprenderon unha serie de sancións que levaron ao illamento do país.

Por outra banda, a Unión Africana formouse oficialmente en marzo de 2001, durante unha cerimonia levada a cabo na cidade libia de Sirte. En 2003 o goberno libio recoñeceu a responsabilidade de cidadáns libios nestes atentados e chegou a acordos polos que se comprometía a indemnizar aos familiares das vítimas dos dous avións. Como consecuencia, levantáronse as sancións que existían sobre o país.

Protestas en contra do Goberno en 2011 miniatura|175px|Muammar al-Gaddafi A principios do 2011 prodúcese unha serie de protestas no mundo árabe e unha parte da poboación de Libia maniféstase contra o réxime de GaddafiComités populares toman o control do leste de Libiamercenarios-pais-libia-20110225225131.html Chad nega que haxa mercenarios do país en Libia mentres outro segmento mantén o seu apoio. Os opositores controlan mediante comités populares as cidades de Tobruk, Derna, Al Bayda, Al Marj, Bengasi e Ajdabiya no leste; Misurata, Bani Walid, Al Khums, Tarhunah, Gharyan, Zouara, Al Jufrah, Zauiya e Nalut no oeste, rodeando a capital. Gaddafi, con 120.000 revolucionarios (algunhas fontes falan de que son mercenarios chadianos, o cal é negado polo goberno do Chad), controla as cidades de Trípoli e Sirte no oeste e Sabha no sur. A prensa internacional sinala que o presidente Gaddafi reprime con gran dureza as manifestacións mediante mercenarios e ataques aéreos, retransmitidos pola cadea árabe Al Jazeera.

En Bengasi, polo menos 130 militares foron asasinados por negarse a disparar contra o pobo desarmado.O embaixador de Libia en EEUU iza bandeira anterior ao réxime de Gaddafi Algúns pilotos libios desertan para evitar cumprir as ordes de disparar contra a poboación civil e son varios os ministros, embaixadores e líderes relixiosos que abandonan a Gaddafi. A ONU fai unha estimación de máis de 2000 mortos civís a mans do réxime e solicita unha investigación internacional sobre a violenta represión. A Coalición Internacional contra os Criminais de Guerra contabiliza ademais 3980 feridos e polo menos 1500 desaparecidos. A situación das cidades de Zlitan e Al 'Aziziyah, no oeste e próximas a Trípoli, é incerta e hai combates en Misurata e Zauiya, onde as tropas de Gaddafi foron rexeitadas polos opositores.

O 25 de febreiro, o Goberno de EEUU anunciou que imporá sancións unilaterais contra Libia, e buscará coordinar sancións internacionais, non descartando unha intervención militar en Libia ante o uso da violencia por parte do réxime de Muammar al-Gaddafi. O 19 de marzo, forzas aéreas de Francia, os Estados Unidos e o Reino Unido comezaron os bombardeos sobre obxectivos militares fieis a Gadafi. En outubro, Gaddafi foi asasinado polas forzas opositoras, rematou así a guerra civil e o seu réxime de goberno.

Xeografía miniatura|175px|Imaxe satélite de Libia. Libia esténdese ao longo de 1 759 540 quilómetros cadrados, facéndoo o décimo sétimo estado do mundo máis grande en tamaño. O tamaño de Libia é algo inferior ao de Indonesia, e aproximadamente do tamaño do Estado dos Estados Unidos Alasca. Está rodeado ao norte polo mar Mediterráneo, ao oeste por Tunisia e Alxeria, ao suroeste por Níxer, ao sur polo Chad e o Sudán e ao leste por Exipto. Libia atópase entre as latitudes 19° e 34°N, e as lonxitudes 9° e 26°E.

Os seus 1770 quilómetros de costa, fan de Libia o país africano con máis costa mediterránea .Field Listings - Coastlines , CIA World Factbook A porción do mar Mediterráneo que baña o norte libio é habitualmente coñecida como Mar de Libia. O clima édun xeito predominante seco e de natureza desértica. Porén, ás rexións do norte gozan dun clima mediterráneo suave.

Os maiores perigos naturais que soporta son, entre outros, a calor, a seca ou o siroco cargado de po (coñecido en Libia como o gibli). O siroco é un vento que sopra do sueste dun a catro días durante a primavera e o outono. Hai tamén Tormentas de po e de area. Hai tamén diversos oasis repartidos ao longo de Libia, sendo os máis importantes os de Ghadames e Kufra.

O deserto líbico miniatura|esquerda|220px|Ao redor do 90% de Libia é deserto.