O forint ou florín húngaro (en húngaro: forint) é a moeda de uso oficial en Hungría. Un forint divídese en 100 fillér (división só teórica: o fillér xa non está en circulación). O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é HUF e a súa abreviatura Ft.

Moedas As moedas en circulación responden ás seguintes características técnicas:

Denominación Acuñadadende Metal Diámetro(mm.) Peso(gr.) Canto Anverso Reverso Anel Centro 5 Forint 1990 CuNiZn 21,20 4,20 Liso Garza Valor facial 10 Forint 1990 CuNi 24,80 6,10 Descontinuo Escudo nacional Valor facial 20 Forint 1990 CuNiZn 26,30 6,90 Estriado Planta Valor facial 50 Forint 1990 CuNi 27,40 7,60 Liso Escudo nacional Valor facial 100 Forint 1996 CuNi Latón 23,80 8,00 Estriado Escudo nacional Valor facial 200 Forint 2009 CuNiZn CuNi 28,30 9,00 Descontinuo Ponte Valor facial

As moedas de 1 e 2 forint foron retiradas da circulación o 1 de marzo de 2008. Os fíller, acuñados en valores de 2, 5, 10, 20 e 50, desapareceron da circulación a finais dos anos noventa.

A Casa da Moeda de Hungría (Magyar Pénzvero) é a encargada en exclusiva da cuñaxe destas moedas. "Magyar Pénzvero Zrt. ". En Hunhíradó. 2 de novembro de 2011.

Billetes

Os billetes en circulación en 2006 son os das denominacións que a continuación se describen:

200 floríns 154 x 70 mm Tonalidade: verde Anverso: o Rei Károly Róbert Reverso: o castelo Diósgyőr 500 floríns 154 x 70 mm Tonalidade: rosa e violeta Anverso: o príncipe Rákóczi II Reverso: o castelo de Sárospatak 1000 floríns 154 x 70 mm Tonalidade: azul Anverso: o Rei Matías Corvino Reverso: a fonte de Hércules en Budapest 2000 floríns 154 x 70 mm Tonalidade: gris e marrón Anverso: o príncipe Gabriel Bethlen de Transilvania Reverso: o príncipe e os seus científicos 5000 floríns 154 x 70 mm Tonalidade: púrpura Anverso: o conde István Széchenyi Reverso: o pazo Nagycenk 10.000 florines 154 x 70 mm Tonalidade: violeta Anverso: o Rei Estevo I de Hungría Reverso: o castelo de Esztergom 20.000 florines 154 x 70 mm Tonalidade: gris e vermello Anverso: o político Ferenc Deák Reverso: antigo Congreso de Deputados de Budapest

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa da Moeda de Hungría

Ligazóns externas Magyar Nemzeti Bank – Banco Nacional de Hungría Fotografías das moedas Fotografías dos billetes Moedas de Hungría (catálogo e galería)

Hungría Categoría:ISO 4217