Ano pode referirse a: Astronomía Un ano é o espazo de tempo que a Terra tarda en dar unha volta completa arredor do Sol. Un ano luz é unha unidade de lonxitude utilizada en astronomía. Un ano bisesto é un ano que posúe un día a máis que os anos comúns. Un ano sideral é o tempo que tarda a Terra en colocarse outra vez na mesma situación da órbita en relación coas estrelas consideradas fixas. Anatomía O ano ou anus é a parte terminal do tubo dixestivo por onde saen as feces nos diferentes animais. Festas e conmemoracións Un Ano Novo ou Aninovo é a festa que conmemora o inicio dun novo ano. Un Ano Novo Chinés é a festa que conmemora o inicio do ano segundo o Calendario chinés. O Ano Santo compostelán é unha celebración da igrexa católica.
Política ANO ou ANO 2011, é un partido checo.