Karpathos é unha illa grega pertencente ao arquipélago do Dodecaneso no mar Exeo situada entre Creta e Rodas.
Historia A cidade de Pigadia foi construída ao final dunha praia areosa de catro quilómetros. Existen restos dunha basílica cristiá dedicada a Agía Fotiní. Homero facía referencia a Karpatos como « a illa dos ventos ».
Xeografía Karpathos atópase ao suroeste de Rodas. Dunha lonxitude de 50 km, Kárpathos ten entre 6 e 10 km de ancho sendo pola súa superficie a segunda illa máis grande do Dodecaneso. É unha illa montañosa. A poboación principal de Karpathos é Pigadia que é así mesmo o porto principal da illa. O seu nome en grego antigo era Potideo ou Posidio.
A cordilleira escarpada do Kali-Limni (1215 m.) é, segundo a mitoloxía, o lugar de nacemento dos Titáns. Esta cordilleira divide a illa en dúas zonas, unha semidesértica e pouco poboada ao norte e outra ben irrigada e cunha maior densidade de poboación ao sur.
Transportes Karpathos está dotada dun aeroporto.
Relixión Existen ao redor de 280 capelas na illa dedicadas a diferentes santos.
Ligazóns externas Datos básicos Ministerio do interior de Grecia (en grego)
Categoría:Illas de Grecia Categoría:Illas do Exeo