Stroszek é un filme de 1977 do director alemán Werner Herzog. O filme foi escrito en catro días e especificamente para o actor Bruno S., sendo filmado en Berlín e en dúas cidades do estado estadounidense de Wisconsin.

Sinopse

O filme conta a historia dun músico da rúa alcohólico, Bruno Stroszek, que coñece unha prostituta, Eva, pouco despois de ser liberado do cárcere. Bruno e Eva viaxan xuntos ao estado norteamericano de Wisconsin, acompañados do veciño excéntrico de Bruno, Scheitz.

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Werner Herzog Categoría:Filmes rodados en Alemaña Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes rodados en Wisconsin Categoría:Filmes ambientados en Berlín