Jean Denis Attiret, nado en Dole en 1702, e finado en Pequín 1768, foi un pintor e sacerdote xesuíta francés, misioneiro na China.

Estudou arte en Roma e fíxose un nome como retratista, durante a súa etapa de seminarista pintou a catedral de Aviñón. En 1737 marcha a China, onde o emperador Qianlong deulle o título de "Pintor do emperador", debido á insistencia do emperador para que empregara o método e o estilo do país, converteuse en chinés polo seu estilo, a maioría das súas obras son naturalistas: árbores, froitas, peixes e outros animais, aínda que tamén retratou aos cortesáns.

Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados no departamento de Jura Categoría:Nados en 1702 Categoría:Finados en 1768 Categoría:Xesuítas de Francia Categoría:Sacerdotes católicos de Francia Categoría:Misioneiros