Santo André da Barciela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 329 habitantes (160 mulleres e 169 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación
Historia No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase:
No ano 2005 dous lugares desta parroquia, Sigüeiro e A Foca, foron incorporados ao concello de Oroso mediante o decreto 25/2005 do 3 de febreiro (DOG nº 34 do 18 de febreiro). O motivo foi o crecemento urbanístico do lugar de Sigüeiro do concello de Oroso que produciu un único núcleo urbano formado polos tres lugares, situados ao norte do Río Tambre que deste xeito pasou a conformar a fronteira entre os dous concellos. Dez anos despois deste cambio administrativo o nomenclátor da Xunta de Galicia continuaba a incluír aqueles dous lugares nesta parroquia.
Esta parroquia forma parte da parroquia eclesiástica da Barciela que tamén se estende por Sigüeiro no veciño concello de Oroso.
Lugares e parroquias Lugares da Barciela
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén Outros artigos A Barciela Lugares de Santiago de Compostela
Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas