Hélder Marino Rodrigues Cristóvão, nado en Luanda o 21 de marzo de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol angolano-portugués. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección portuguesa. Actualmente adestra o Benfica B.

Traxectoria Empezou a destacar mentres xogaba no GD Estoril Praia, pasando logo ao SL Benfica na tempada 1992–93, onde estivo até a 1996–97. En xaneiro de 1997 pasou ao Deportivo da Coruña. Na tempada 1999–00, campaña na que gañou a Liga o equipo galego, marchou cedido ao Newcastle United FC, facendo 12 aparicións e marcando un gol vez antes de regresar ao Deportivo, onde permaneceu até a campaña 2001–02.

Na tempada 2002–03, Hélder volveu ao Benfica, ao final da súa carreira, con 31 anos, xogando durante dous anos e uníndose logo ao Paris Saint-Germain FC na tempada seguinte. Pasou a súa última tempada no Larissa FC grego, a 2005–06, xogando 9 veces e retirándose ao final desta.

Selección nacional Hélder xogou 35 veces para a Selección de fútbol de Portugal, marcando tres goles.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en zerzerofootball.com

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Luanda Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Futbolistas de Angola Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do GD Estoril Praia Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do AE Larissas 1964 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Adestradores de fútbol de Portugal Categoría:Adestradores de fútbol de Angola Categoría:Adestradores do GD Estoril Praia