O Juvecaserta Basket é un club de baloncesto italiano da cidade de Caserta, Campania. Fundado no ano 1951, os seus maiores éxitos foron o título de Liga en 1991 e de Copa en 1998. Tras competir desde a temporada 2010−11 na máxima categoría do baloncesto italiano, en 2017 debido a problemas financeiros perden a categoría. Desde a temporada 2020−21 o equipo non está inscrito en ningunha competición. O Juvecaserta xoga os seus partidos como local no PalaMaggiò, pavillón con capacidade para 6 387 espectadores.

Historia O club foi fundado en 1951 por un grupo de seguidores locais do baloncesto co nome de Sporting Club Juventus. O nome do equipo foi escollido por Santino Piccolo, fan do equipo de fútbol homólogo de Turín. O equipo botou a andar nas pistas de arxila do Liceo Classico Pietro Giannone. Os maiores éxitos do club chegan a partir da segunda metade da década de 1980. O primeiro éxito foi a participación na final de Liga da temporada 1985–86, onde perden por 2 partidos a 1 contra o Simac Milano. Volverían repetir final na temporada seguinte, volvendo perder de novo ante os de Milán. Porén, finalmente conseguirían alzarse co campionato na temporada 1990–91, tamén ante os Milano, sendo o primeiro equipo do sur de Italia en conseguir facerse co título. Antes, en 1988, xa conseguiran o seu primeiro título o gañar a Copa ante o Divarese Varese (113-100). A nivel europeo conseguen chegar eses anos á final da Copa Korać en 1986, onde perden ante o Banco di Roma Virtus (72-73), e á final da Copa Saporta de 1989, onde perden ante o Real Madrid (117-113). Na tempada 1997−98, o club declárase en bancarrota. En 2004, dous equipos da cidade de categorías inferiores uníronse baixo o nome Juvecaserta. Na temporada 2009−10 regresan á Serie A, onde permanecen até 2017, cando son descendidos á Serie D debido a problemas financeiros.

Patrocinadores

Juventus Caserta (1975–76, 1978–79) Il Diario Caserta (1979–80) Latte Matese Caserta (1980–82) Indesit Caserta (1982–85) Mobilgirgi Caserta (1985–87) Snaidero Caserta (1987–89) Phonola Caserta (1989–93) Onyx Caserta (1993–94) Pepsi Caserta (2000–01) Centro Energia Caserta (2001) Ellebielle Caserta (2001–02) Centro Energia Caserta (2002–03) Pepsi Caserta (2003–08) Eldo Caserta (2008–09) Pepsi Caserta (2009–11) Otto Caserta (2012) Juve Caserta (2013) Pasta Reggia Caserta (2013−2017) Decò Caserta (2018−2021)

Palmarés Competicións domésticas Liga de Italia Campións (1): 1991 Subcampións (2): 1986, 1987 Copa de Italia Campións (1): 1988 Subcampións (2): 1984, 1989

Competicións europeas Copa Saporta Subcampións (1): 1989 Copa Korać Subcampións (1): 1986

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia