é unha serie manga escrita e ilustrada por Hiromu Arakawa. A súa primeira adaptación ao anime foi dirixida por Seiji Mizushima e a segunda por Yasuhiro Irie. O mundo de Fullmetal Alchemist ten un estilo steampunk, similar ao de logo da Revolución industrial europea. Nese universo ficticio no que a alquimia é unha das técnicas científicas máis avanzadas coñecidas polo ser humano, a historia céntrase nos irmáns Edward e Alphonse Elric, uen queren restaurar os seus corpos por medio da pedra filosofal tras un errado intento de resucitar á súa nai a través da alquimia.

O manga comezou a publicarse en agosto de 2001 pola editorial Square Enix (Tamén famosa polos seus videoxogos), na revista mensual xaponesa Shōnen Gangan e componse ata novembro de 2009 por 23 volumes recopilados en tankōbon. O manga foi adaptado a unha serie de anime producida por BONES ata que chegou ao seu final cun total de 51 episodios. O anime foi emitido no Xapón desde o 4 de outubro de 2003 ata o 2 de outubro de 2004 polas canles de televisión MBS-TBS e Animax. Máis tarde, estreouse a película Fullmetal Alchemist: Conquistador de Shamballa, unha secuela que concluíu a historia do anime. Posteriormente creouse unha segunda serie de anime chamada Fullmetal Alchemist: Brotherhood,que se comezou a transmitir no Xapón o 5 de abril de 2009 por MBS-TBS, a cal é máis fiel ao argumento do manga. A serie tamén deu lugar a unha novela lixeira, múltiples OVA, CD drama e diversos videoxogos, así como á comercialización de moitos tipos de mercancías baseadas nos personaxes da franquía, xogos de cartas coleccionables e varios libros suplementarios. A versión en español do manga é publicada por Norma Editorial en España.

Tanto o anime como o manga alcanzaron un grande éxito dentro e fóra do Xapón. No ano 2004, o manga obtivo o premio Shōgakukan na categoría shōnen, un dos premios máis prestixiosos, que se entrega anualmente no Xapón, aínda que nesta ocasión quedou empatado coa serie Yakitate!! Japan; no 2003 o anime gañou o premio Anime Grand Prix na categoría «Mellor anime», e no 2007 gañou o premio American Anime Awards en cinco categorías distintas. Así mesmo, nunha clasificación publicada por TV Asahi sobre os cen mellores anime do 2006, , Fullmetal Alchemist alcanzou o primeiro posto, e para marzo de 2008 vendéronse máis de trinta millóns de copias do manga no Xapón.

Sinopse

miniatura|200px|«O alquimista en busca da pedra filosofal» por Joseph Wright — 1771.

A historia céntrase nos irmáns Edward e Alphonse Elric, quen viven nun pequeno pobo dun país ficticio chamado Amestris. O seu pai, Hohenheim,marchou da súa casa cando aínda eran pequenos e anos máis tarde a súa nai, Trisha Elric, morre por unha enfermidade terminal, deixando aos irmáns Elric sos. Logo da morte da súa nai, Edward decide resucitala a través da alquimia, unha das técnicas científicas máis avanzadas coñecidas polo ser humano. Con todo, o intento resulta errado e como consecuencia Edward perde a súa perna esquerda e Alphonse o seu corpo. Nun esforzo por salvar ao seu irmán, Edward sacrifica o seu brazo dereito para selar a alma de Alphonse nunha armadura. Tras isto, un alquimista chamado Roy Mustang visita aos irmáns Elric e proponlle a Edward converterse nun membro das Forzas Armadas do Estado e así atopar unha forma de recuperar os seus corpos. Posteriormente a perna esquerda e o brazo dereito de Edward son substituídos por un Automail, un tipo de prótese avanzada creada pola súa amiga Winry Rockbell e a súa avoa Pinako.

Edward proponse converterse nun e logo de pasar un arduo exame, logra alcanzar o rango desexado, polo que se lle dá o nome de «alquimista de aceiro». Na súa procura da pedra filosofal, os irmáns Elric loitan contra varias persoas así como con diversos antagonistas, dos cales algúns tamén buscan a pedra; entre eles atópase Scar, un dos sobreviventes da guerra de Ishbal que busca vingarse dos alquimistas estatais pola destrución da súa raza, e os homúnculos, un grupo de criaturas con aparencia humana que teñen a habilidade de rexenerarse de calquera ferida debido a que posúen fragmentos da pedra filosofal (no anime estes fragmentos son provenientes de pedras filosofais falsas). A medida que a historia progresa, Edward e Alphonse descobren que Amestris fora creado polos homúnculos e, en segredo, controlaban ao exército. Así mesmo descobren que algúns dos oficiais de alto rango son controlados polo creador dos homúnculos, un home coñecido como «Father», quen planeaba utilizar Amestris como un círculo de transmutación xigante e así transmutar todo o país nunha pedra filosofal. Cando Edward e Alphonse descobren os plans do Father, xunto a outros membros das Forzas Armadas do Estado, deciden derrotalo.

Diferenzas entre formatos

O primeiro anime da serie segue a historia do manga ata o episodio 25, aínda que desde o principio nótanse algunhas diferenzas. Cando os irmáns Elric e a súa amiga, Winry Rockbell, viaxan a Rush Valley, onde aparece unha alquimista chamada Dante, quen resulta ser a antagonista do anime, xa que non aparece no manga. Varios séculos atrás, antes do comezo da serie, ela e Hohenheim crearan unha pedra filosofal e conseguiran ter unha especie de inmortalidade, transferindo as súas almas dun corpo a outro, pero co tempo Hohenheim comézase a sentir culpable de sacrificar tantas vidas e decide abandonar a Dante. Posteriormente, Dante utiliza aos homúnculos para que os irmáns Elric logren crear a pedra filosofal por ela.

Cando Scar trata de crear a pedra filosofal, esta transfírese ao corpo de Alphonse, converténdoo no obxectivo de Dante. Despois de que o homúnculo Envy o secuestrara, Edward diríxese a rescatalo, pero o homúnculo o asasina, polo que Alphonse utiliza a pedra para revivir ao seu irmán, pero desaparece no proceso. Doutra banda, Dante intenta escapar, pero é asasinada polo homúnculo Gluttony. Edward, ao ser revivido, decide dar a súa vida a cambio para traer de volta ao seu irmán; como resultado, Edward termina nun mundo paralelo mentres que Alphonse recupera o seu corpo. Separado do seu irmán, Edward interésase en aprender sobre foguetes, xa que cre que desa forma podería regresar ao seu mundo. A historia do anime continúa na película Fullmetal Alchemist: Conquistador de Shamballa, dándolle un final definitivo. Debido a estas diferenzas creouse unha segunda serie de anime, Fullmetal Alchemist: Brotherhood, a cal sería máis fiel á historia do manga.

Aspectos da serie

A serie ten lugar nun universo ficticio cun estilo steampunk, similar ao de logo da Revolución industrial europea, onde a alquimia é unha das técnicas científicas máis avanzadas coñecidas polo ser humano, pero non todos os personaxes son capaces de utilizala, xa que se necesita certo tipo de habilidade para aprender a dominar as súas propiedades. No manga e a segunda serie de anime, os habitantes de Xing utilizan un tipo de alquimia chamada «alkahestry», a cal céntrase na curación de feridas. Así mesmo, os personaxes da serie divídense en diferentes razas: a maioría destas razas son os seres humanos, que por medio da alquimia foron mutados.

En Fullmetal Alchemist as razas máis notorias, ademais dos seres humanos, son os , un grupo de criaturas con aparencia humana que teñen a habilidade de rexenerarse de calquera ferida debido a que posúen fragmentos da pedra filosofal, estes forman o seu núcleo(no primeiro anime son falsos); as , seres feitos mesturando dous ou máis persoas vivas de distintas estruturas xenéticas cun animal mediante a alquimia; e os habitantes de , persoas que teñen crenzas relixiosas nun deus Ishbala, polo que se lles prohibe o uso da alquimia..

Algúns dos personaxes que aparecen na serie van en busca da pedra filosofal, un *amplificador do poder *alquímico que permite ignorar os principios do intercambio equivalente, xa que para obter algo é necesario sacrificar outra cousa dun valor igual. En ocasións estes tratan de crear unha imitación da pedra por medio de investigacións científicas, aínda que o seu poder non se compara á pedra orixinal e tende a destruírse cando se usa demasiado. A maior parte dos acontecementos da historia ocorren en Amestris, un país con forma circular rexido polos militares.

Personaxes principais

A continuación descríbese brevemente aos personaxes principais, noméase aos seiyū da versión orixinal xaponesa e aos actores do dobraxe en Hispanoamérica e España:

, tamén coñecido como «alquimista de aceiro», é o alquimista estatal máis novo na historia da serie, ademais de ser o protagonista. Xunto ao seu irmán máis novo, Alphonse, busca a pedra filosofal coa esperanza de poder recuperar os seus corpos, xa que Edward perdera a súa perna esquerda nun intento errado de revivir á súa nai usando a alquimia e o seu brazo dereito ao colocar a alma de Alphonse a unha armadura. Posteriormente a súa perna esquerda e brazo dereito son substituídos por un Automail. Na adaptación xaponesa a súa seiyū é Romi Paku, mentres que na dobraxe hispanoamericano é José Manuel Vieira e no español é Ricardo Escobar.

é o irmán máis novo de Edward e xunto a este busca a pedra filosofal coa esperanza de poder recuperar os seus corpos. A diferenza de Edward, que perdera un brazo e unha perna no intento errado de revivir á súa nai, Alphonse perdera o seu corpo enteiro, polo que Edward colocara a súa alma nunha armadura. Debido ao tamaño da armadura sempre é confundido como o irmán máis vello e o alquimista de aceiro. Na adaptación xaponesa a súa seiyū é Rie Kugimiya, mentres que na dobraxe hispanoamericano é Johnny Torres e no español é Elena Palacios.

é unha amiga da infancia dos irmáns Elric. Winry vive xunto á súa avoa Pinako Rockbell, quen a había criado tras a morte dos seus pais durante a guerra de Ishbal. Winry é unha mecánica de Automail e adoita reparar os membros mecánicos de Edward cando este os rompe. Na adaptación xaponesa a súa seiyū é Megumi Toyoguchi, e na segunda serie de anime é Megumi Takamoto, mentres que na dobraxe hispanoamericano é Yensi Rivero e no español é Inés Blázquez.

, tamén coñecido como «alquimista de lume», posúe o rango de Coronel nas Forzas Armadas do Estado, aínda que ao comezo da serie, cando coñece por primeira vez a Edward e Alphonse, era Tenente Coronel. Aspira converterse no xeneral de Amestris, pero isto dependería en gran medida do apoio dos seus subordinados. Na adaptación xaponesa a súa seiyū é Tōru Ōkawa, e na segunda serie de anime é Shinichiro Miki, mentres que na dobraxe hispanoamericano é Rolman Bastidas e no castelán é Juan Antonio Arroyo.

Produción Arakawa comentou que logo de ler sobre a pedra filosofal sentiuse atraída pola idea de utilizar alquimia no manga. Así mesmo, dixo que lle gustou tanto que comezou a ler libros relacionados coa alquimia, aínda que eran algo complicados debido a que algúns libros contradicían aos outros. Agregou que a atraeron máis os aspectos filosóficos que os aspectos prácticos. Para o concepto de intercambio equivalente, Arakawa inspirouse no traballo dos seus pais, quen tiñan unha granxa en Hokkaidō e sempre tiñan que dar todo o seu esforzo para gañar o diñeiro para comer.

Arakawa indicou quería agregar algúns dos problemas sociais á historia, polo que recolleu información dos noticieros sobre os refuxiados, as guerras e a yakuza; como resultado, varios destes elementos aparecen no argumento. Ao crear o universo ficticio de Fullmetal Alchemist, Arakawa baseouse nun estilo steampunk, similar ao de logo da Revolución industrial europea, xa que lle sorprendía os diferentes tipos de persoas, os diferentes países, os termos, a cultura, a arquitectura e a roupa da época. Tamén comentou que se interesou especialmente en Inglaterra durante este período, pero «agregou o seu propio estilo, para convertelo nun mundo de fantasía». .