dereita|miniatura|Primeira edición. O Diccionario enciclopédico gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 45.673 entradas Sen incluír as do apéndice, que non se debe a Eladio Rodríguez. e coas definicións en castelán, elaborado por Eladio Rodríguez González e publicado postumamente pola Editorial Galaxia en tres volumes en 1958, 1960 e 1961. Considérase o dicionario galego máis importante ata a aparición dos dicionarios monolingüesErnesto Xosé González Seoane: Sobre as fontes lexicográficas galegas do DEGC en Ramón Lorenzo (coord.): Homenaxe a Fernando R. Tato. Universidade de Santiago de Compostela, 2002, p. 145. e o último importante baseado na colleita directa. O dicionario de Eladio foi, ademais, a fonte principal para a realización dos dicionarios monolingües modernos do galegoAntón Santamarina: O diccionario de Eladio. Algunhas reflexións sobre o seu significado na lexicografía galega. .
Elaboración Eladio Rodríguez elaborou o seu dicionario durante gran parte da súa vida, comezándoo entre 1914 e 1916. En 1922 A Nosa Terra comenta que "aínda tardará moito en saír á luz". En 1926 Lesta Meis escribe que o autor aínda vai polo R pero que o dicionario podería estar rematado en cuestión duns meses. A finais da década de 1920 semellaba telo practicamente rematado e suponse que a partir de 1936 só faría algunha corrección e reescribiría algunha entrada Nas voces coro ou diccionario constan datos do ano 1940..
O dicionario seguiu o modelo do Diccionario de la Real Academia Española. Isto levou á incorporación de castelanismos propios de América innecesarios en galegoAntón Santamarina (1955), p. 82. Este dicionario tamén incorporou boa parte das entradas dos dicionarios anteriores, moitas veces por medio do dicionario publicado pola Real Academia Galega así como voces procedentes da terra natal do autor. O vocabulario recolle tamén como entrada, con certa incoherencia, algúns topónimos e antropónimos (mesmo algúns hipocorísticos), así como algún xentilicio e dialectalismos (especialmente baseados no seseo implosivo). Discútese o seu carácter enciclopédico, dado que non inclúe biografías nin outros conceptos propios dunha enciclopedia. Só aquelas palabras que designan aspectos da cultura material e espiritual de Galicia -como casa, muíño, antroido, maiordomo, foro, aire, demo etc- desenvólvense nun formato propio dunha enciclopedia mentres o resto das voces —a gran maioría— defínense como en calquera dicionario convencional
Non obstante, o valor do dicionario de Eladio Rodríguez reside na achega en moitas entradas de comentarios de valor etnográfico e fraseolóxico, incluíndo ata 11.363 refránsRealmente, son 11.961 refráns, pero excluíndo locucións, coplas, castelanismos e repeticións, queda esta cifra de 11.363. Xesús Ferro Ruibal recompilounos e clasificounos tematicamente en 1987. e locucións.
Publicación Nun artigo publicado en 1928 en A Nosa Terra por Vicente Risco anúnciase a próxima publicación por parte da Editorial Nós do Diccionario en fascículos Tamén en Clodio González Pérez: Eladio Rodríguez González. Toxosoutos, 2000, p. 114.:
No limiar do Diccionario, escrito por Otero Pedrayo, este escritor manifesta que o Concello da Coruña xa aprobara en 1933 apoiar a publicación:
Non callou ningún destes intentos e o dicionario non foi publicado ata case 20 anos despois da morte de Eladio Rodríguez. A Editorial Galaxia, co patrocinio da Casa de Galicia de Caracas e grazas ao esforzo de Ramón Piñeiro, editouno en tres tomos: o primeiro en 10 de decembro de 1958, o segundo en 1960 e o terceiro en 1961. En 1980 publicouse unha reimpresión facsimilar e no ano 2001, co gallo do Día das Letras Galegas, unha segunda reimpresión.
A publicación fíxose a partir das cuartillas manuscritas que conservaba Julio Rodríguez Yordi, fillo do autor. Estas cuartillas consérvanse hoxe en día na Fundación Penzol. O volume deste manuscrito era tal que houbo que recortar o material dispoñible por razóns económicas. Este labor foi realizado por Ramón Piñeiro Nas cuartillas manuscritas pode verse as riscaduras eliminando texto. A Gran Enciclopedia Galega estima que se suprimiu a cuarta parte do orixinal. De feito, as 45.673 entradas case triplican o volume do último dicionario publicado ata a data, o de Carré, de 1928, con 16.840 voces.. Asemade suprimíronse numerosas entradas, sobre todo tecnicismos e palabras cultas que coincidían co castelán.
Apéndice No terceiro volume recóllese un apéndice constituído por 4.639 entradas que non aparecían na obra orixinal de Eladio Rodríguez e un vocabulario castelán-galego baseado no das Irmandades da Fala.
O apéndice foi ordenado por Xosé Luís Méndez Ferrín e Bernardino Graña. Recompila voces achegadas por Cesáreo Saco (procedentes da Terra de Lemos), Novoneyra (O Courel), Bernardino Graña (Cangas de Morrazo e algunhas de Ribadavia), Franco Grande (Tebra), Santos Alonso (A Limia), Ánxel Fole (O Incio e Quiroga), Ramón Piñeiro (Láncara, Lugo e outras zonas da provincia de Lugo), García-Sabell (voces referidas a enfermidades e doenzas recollidas de enfermos de toda Galicia), Ramón Lorenzo Vázquez (A Maía), A. Germade (Sárdoma, Vigo), Benito Fernández Álvarez (Lobios) e Laureano Prieto (Viana do Bolo). Tamén inclúe léxico recollido por Aníbal Otero, José María Pereda Álvarez e Silvio Santiago.
Remata a obra cun vocabulario castelán-galego elaborado sobre a base do Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala de 1933. Neste vocabulario elimináronse arcaísmos e engadíronse voces vivas que non recollía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía CARBALLO CALERO, R. (1976): Gramática elemental del gallego común. Galaxia, 6ª ed., p. 40. FERRO RUIBAL, X. (1987): Refraneiro galego básico. Galaxia, Vigo. SANTAMARINA, A. (1995): "Norma e estándar" en Henrique Monteagudo (ed).: Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, p. 82. SANTAMARINA, A. (2001): O Diccionario de Eladio. Algunhas reflexións sobre o seu significado na lexicografía galega . MONTEAGUDO, T. (2001): "Cronobiografía de Eladio Rodríguez González", en GARCÍA GONZÁLEZ, C. (coord.): Eladio Rodríguez González. Escolma, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago. GARCÍA GONZÁLEZ, C. (2001): "O seu labor lexicográfico", en GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino (coord.): Eladio Rodríguez González. Escolma, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago. VARIOS: Gran Enciclopedia Galega, Silverio Cañada Ed., 2003.
Ligazóns externas Eladio Rodríguez González na páxina da Real Academia Galega. Prólogos no Dicionario de Dicionarios (Universidade de Vigo) Tomo I e Tomo III en Google books.
Categoría:Dicionarios bilingües galegos Categoría:Editorial Galaxia