O KAE Apollon Patras (en grego: Α.Σ. Απόλλων Πατρών), é un equipo grego de baloncesto da cidade de Patras, Grecia. O club foi fundado en 1926 (baloncesto 1947) e débelle o seu nome ao deus grego Apolo. O Apollon Patras BC é a sección de baloncesto do club polideportivo AS Apollon Patras. Actualmente, o Apollon Patras xoga A2 Ethniki, a segunda división do baloncesto grego trala A1 Ethniki.

Historia O Apollon Patras BC competiu na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki un total de 28 tempadas, o que o converteu nun dos clásicos da categoría. A primeira vez que xogou na A1 Ethniki foi na tempada 1971-72, xogando por última vez na máxima categoría no ano 2007, no que descendeu. O Apollon o torneo local de Achaea en catro ocasións: 1956, 1958, 1971 e 1973.

En 1997, o Apollon BC xogou a final da Copa de baloncesto de Grecia, o que supuxo a súa mellor clasificación na competición e a súa única final, na que caeu fronte ao Olympiakos. Nesa tempada, o Olympiakos foi considerado un dos mellores equipos da historia do baloncesto europeo, gañando a Tripla Coroa en Baloncesto. En 1992 e 2003, o Apollon BC gañou a Segunda División grega, a A2 Ethniki.

Palmarés Copa de Grecia Subcampión (1): 1997 Segunda División de Grecia Campións (2): 1992, 2003

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Grecia