A sección de rugby da Associação Académica de Coimbra foi creada en 1936 e en 1957 converteuse en socio fundador da Federación Portuguesa de Rugby. O primeiro equipo compite na máxima categoría do Campionato Nacional, no que ten acadado catro títulos de liga nos anos 1977, 1979, 1997 e 2004. Tamén gañou sete títulos da Copa de Portugal, dúas Supercopas e unha Copa Ibérica, completando o mellor palmarés do rugby portugués fora do distrito de Lisboa. O equipo viste de negro e xoga os seus encontros nas instalacións deportivas universitarias situadas na beira do río Mondego, e no Estadio Municipal de Taveiro. O club AEES Agrária é o seu rival local e histórico.

Representou a Portugal nunha ocasión na European Challenge Cup na tempada 2004-05, sendo eliminado polos Border Reivers de Escocia, logo de dúas amplas derrotas 3-98 na casa, e 3-107 fora, cun marcador total de 6-205. O Académica non chegou a participar na European Shield esa tempada. O Coimbra tivo un xogador, Rui Cordeiro, na Selección de rugby de Portugal que participou na Copa do Mundo de Rugby 2007.

Palmarés Liga de Portugal: 4 títulos 1976-77, 1978-79, 1996-97, 2003-04 Copa de Portugal: 7 títulos 1973-74, 1979-80, 1989-90, 1994-95, 1995-96, 1996-97, 2017-18 Copa Ibérica: 1 títulos 1997-98

En Europa Participacións na European Challenge Cup: 1 2004-05 (caeu na 1ª rolda)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da AAC - Secção de Rugby

Academica