A Revolución Romanesa de 1989 foi unha serie de conflitos e enfrontamentos nos derradeiros días de decembro de 1989. A conclusión deste episodio da historia de Romanía foi o final do réxime stalinista de Nicolae Ceauşescu. Os actos violentos que aconteceron en varias localidades romanesas naqueles días conduciron o ditador ao abandono do poder e á súa fuxida de Bucarest, en compañía da súa dona, Elena Ceauşescu. Prendidos en Târgovişche, foron axuizados por un tribunal militar creado ex-profeso baixo os cargos de xenocidio, danos á economía nacional e abuso do poder para executar accións militares contra o pobo romanés.Stenograma procesului Ceauşescu (en romanés), en ro:Wikisource, consultado o 22 de decembro de 2009. Achados culpables de tódolos cargos, foron executados o 25 de decembro de 1989. Romanía foi o único país do Bloque do Leste onde a transición dende o Estado socialista a un de mercado implicou a execución dos líderes do país.

O número total de mortes na Revolución Romanesa foi de 1 104,"A revolución romanesa e as súas vítimas", no sitio en Internet de Radio Romania International, consultada o 22 de decembro de 2009. dos que 162 falecementos aconteceron nas protestas que puxeron punto final ao réxime de Nicolae Ceauşescu (protestas ocorridas do 16 ao 22 de decembro de 1989) e as restantes 942 nos disturbios ocorridos antes da toma do poder por parte dunha nova estrutura política, chamada Fronte de Salvación Nacional (FSN). A maioría das mortes ocorreron en cidades como Timişoara, Bucarest, Sibiu e Arade, onde as protestas acadaron magnitudes maiores. O número de feridos chegou a 3 352, dos que 1 107 corresponden ao período no que Ceauşescu aínda retiña o poder, e os restantes 2.245 corresponden ao período posterior á toma do poder por parte da Fronte de Salvación Nacional. . Marius Mioc, Revoluşia din Timişoara aşa cum fost, 1997.

Preludio á revolución

esquerda|miniatura|200px|Bandeira da República Socialista de Romanía

Coma noutros países veciños, en 1989 unha boa parte da sociedade romanesa atopábase en desacordo co goberno socialista de Ceauşescu. Con todo, había unha cuestión que facía diferente o caso de Romanía, e é que esa república balcánica non iniciara nunca o proceso de desestalinización do réxime político. As políticas impostas por Ceauşescu no eido da economía e o desenvolvemento -incluída a construción de grandes obras e un plan de austeridade draconiana que debía favorecer a capacidade de Romanía para liquidar a súa débeda nacional no lapso duns cantos anos- foron sinaladas con frecuencia como un dos factores que contribuíron ao incremento da pobreza no país. En modo paralelo a este aumento das taxas de pobreza, a policía secreta de Romanía (Securitate) comezou a facerse cada vez máis ubicua, de xeito que o país se converteu nun estado policial.

A diferenza doutros líderes dos países membros do Pacto de Varsovia, Ceauşescu non era demasiado prosoviético, e optara por unha política exterior independente. Cando o presidente da Unión Soviética, Mikhail Gorbachev falaba de reformas, Ceauşescu inclinábase polo estilo dos ditadores comunistas da Asia Oriental, como Kim Il Sung de Corea do Norte, caracterizados pola súa política de liña dura e o culto á súa personalidade. Pouco antes da caída do Muro de Berlín e a remoción do búlgaro Todor Zhivkov do goberno do seu país, o expresidente romanés ignoraba que a súa posición coma o derradeiro líder socialista da vella garda na Europa Oriental estaba ameazada.

Revolta en Timişoara O 16 de decembro estourou unha protesta en Timişoara (occidente de Romanía) en resposta a un intento do goberno socialista de desafiuzamento en contra de László Tőkés, pastor luterano maxiar,Andreescu, Gabriel Páxinas da Reconciliación Romanés-Húngara, 1989-1999: O Papel das Organizacións Cívicas , no sitio en Internet do Institute of International Education, consultado o 22 de decembro de 2009. e maila súa dona, que naquel intre se atopaba embarazada. Por aqueles días, Tőkés emitira certas críticas cara ao réxime de Ceauşescu nun medio internacional. No seu discurso, o relixioso acusaba o goberno romanés de propiciar o odio racial. Tőkés foi destituído do seu cargo eclesiástico polo bispo da súa igrexa, a petición expresa do goberno. Ademais, privóuselle do dereito a ocupar un piso ao que tiña dereito en tanto fose membro da congregación relixiosa. Durante algúns días, os simpatizantes do relixioso concentráronse nas inmediacións da devandita vivenda, co propósito de evitar o desaloxo e desafiuzamento de Tőkés. As persoas que pasaban polas inmediacións dos manifestantes, incluídos algúns estudantes relixiosos da cidade, ignoraban os detalles do asunto, mais os simpatizantes do pastor arengáranos para unirse á protesta, dicindo que se achaban fronte a un novo intento do goberno para restrinxir a liberdade de culto en Romanía.

Tendo en conta que os manifestantes non ían esparexerse pola súa propia vontade, o alcalde de Timişoara, Petre Moş, declarara que a orde de desaloxo contra Tőkés quedara sen efecto. Mentres tanto, os impacientes manifestantes -e sobre todo cando o alcalde evitou confirmar a suposta revogación do desaloxamento do pastor maxiar- comezaron a berrar consignas anticomunistas. Iso provocou a intervención da policía local e da Securitate. Ás 7:30 pm, a protesta esparexeuse, mais tamén é certo que para entón o motivo orixinal da revolta popular quedara nun segundo plano: algúns participantes da manifestación tentaron prender lume á sede do Comité Distrital do Partido Comunista Romanés (PCR) en Timişoara. A Securitate respondeu con gas mostaza e chorros de auga, mentres a policía da cidade batía e arrestaba a varios dos amotinados. Ao redor das nove da noite, o motín nas inmediacións do Comité do PCR dispersouse, reagrupándose varios dos participantes nas inmediacións da Catedral Ortodoxa de Timişoara e comezaron unha marcha de protesta polas rúas da cidade. Novamente, enfrontáronse ás forzas da seguridade pública.

Os disturbios en Timişoara continuaron ao día seguinte (17 de decembro). Os manifestantes tomaron a sede do Comité Distrital do PCR, e posteriormente destruíron documentos oficiais, propaganda política, textos escritos por Ceauşescu e outros símbolos do réxime socialista. Por segunda ocasión, a multitude tentou prenderlle lume ao edificio, mais nesta ocasión enfrontáronse co exército. A presenza das forzas militares nas rúas da cidade era significativa: implicaba que recibiran ordes dun comando de alto nivel, presumiblemente o presidente Ceauşescu.

Malia non poder os militares impor orde aos manifestantes, a súa participación implicou que Timişoara se convertese nun campo de batalla: disparos, mortes, liortas, coches incendiados, tanquetas antimotíns enfrontándose aos civís. Despois das oito da noite, as rúas entre a Praza da Liberdade (romanés: Piaţa Libertăţii) e a Ópera de Timişoara —incluídos a Ponte Decebal e as avenidas Lipovei e Girocului— convertéronse en escenario de sanguentos enfrontamentos entre civís e militares. Tanquetas, camionetas de redilas e vehículos blindados bloquearon os accesos á cidade, mentres no ceo, os helicópteros do exército romanés vixiaban os acontecementos. Despois da media noite as protestas baixaran de intensidade. Coman, Ilie Matei e Ştefan Guşă inspeccionaron a cidade, que semellaba ser escenario dunha guerra nalgunhas zonas.

miniatura|250px|esquerda|Bandeiras romanesas baleiras exhibidas no Museo Militar de Bucarest. En Timişoara, os manifestantes cortaron o escudo socialista da bandeira romanesa, que loceu cun buraco na banda amarela como rexeitamento ao réxime socialista

A mañá do 18 de decembro de 1989, o centro da cidade ocupouse por soldados e axentes da Securitate, vestidos de civil. O alcalde Moţ convocou unha manifestación na Universidade de Occidente en Timişoara (romanés: Universitatea de Vest din Timişoara), co propósito de condenar os actos vandálicos do día anterior. Ademais, Moţ decretou a lei marcial na cidade, co que quedaron prohibidas as reunións de máis de dúas persoas na cidade, so pena de cárcere. Desafiando o decreto do alcalde, un grupo de trinta mozos concentráronse na Catedral de Timişoara, onde izaron e ondearon a bandeira da Revolución Romanesa, que non era outra que a bandeira da república socialista cun buraco no sitio onde debía portar o escudo. Sabendo que poderían ser atacados polas forzas da orde, comezaron a cantar Deşteaptă-te, române! (en galego, Esperta, romanés!), antiga canción nacionalista proscrita desde 1947 e actual himno nacional de Romanía. Os manifestantes da catedral foron atacados polas forzas da orde, algúns deles morreron e os seus cadáveres foron ultraxados na Praza da Vitoria. Outros, con mellor sorte, puideron escapar con vida.

O 19 de decembro Radu Bălan e Ştefan Guşă visitaron os obreiros das fábricas da cidade, mais fallaron no seu obxectivo de impulsalos a tomar novamente os seus traballos. Ao día seguinte, grandes continxentes de obreiros marcharon pola cidade. Cen mil obreiros apostáronse na Praza de Ópera -chamada actualmente Praza da Vitoria (romanés: Piaţa Victoriei)- e emitiron protestas en contra do réxime socialista: Noi suntem poporul! ("Nós somos o pobo!"), Armata e cu noi! ("O exército está connosco!"), Nu vă fie frică, Ceauşescu pică! ("Non temos medo, Ceauşescu caerá!").

Entre tanto, Emil Bobu e Constantin Dăscălescu foron enviados por Elena Ceauşescu -posto que o presidente romanés se atopaba neses días de xira por Irán- a resolver o conflito. Os comisionados reuníronse cunha delegación dos manifestantes, e aceptaron ceibar a un bo número dos prendidos nos días anteriores. En contraste, negáronse a facer presión para o cumprimento da principal demanda dos amotinados, a saber, a renuncia de Nicolae Ceauşescu. Desta sorte, a situación política en Romanía continuou sendo esencialmente a mesma ca nos días anteriores.

O 21 de decembro chegaron a Timişoara varios trens cargados de obreiros procedentes de Oltenia. A intención do goberno romanés era empregalos para reprimir as protestas en Timişoara, aínda que finalmente os obreiros oltenos remataron por unirse aos manifestantes da cidade. Un deles comentou que

O exército romanés interveu novamente e Timişoara foi declarada cidade libre de xeito oficial. Novos ataques a manifestantes opositores ao réxime dos esposos Ceauşescu rexistráronse nas cidades de Sibiu, Brasov, Arade e Tirgu Mureş despois das manifestacións en Timişoara.

Revolta en Bucarest miniatura|200px|Emblema do Partido Comunista Romanés, ilegalizado despois da Revolución de 1989