O US Montauban é un equipo de rugby francés da localidade de Montauban, no departamento de Tarn-et-Garonne (Mediodía-Pireneos), que actualmente compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés, logo de ascender dende a Rugby Pro D2 (Segunda División do rugby en Francia) na tempada 2006-07.
Histora O club foi fundado en 1905. Acadou o seu primiro título da Liga francesa de rugby en 1967, gañando na final disputada en Bordeos ao CA Bègles por 11 a 3.
No seu primeiro partido na tempada 2006-07 do Top 14, derrotaron ao Narbonne por 41-20, gañando cinco puntos (incluíndo un punto de bonus) poñéndose segundo na táboa ao final da 1ª xornada. O Montauban finalizou a liga no sétimo lugar, unha posición moi respectable para un equipo ascendido. A tempada 2007-08 foi un ano de consolidación, no que remataron tamén no sétimo posto. Coma o Toulouse chegou ata a final da Heineken Cup (máis lonxe que calquera equipo da Guinnes Premiership ou do Super 10 italiano) o Montauban conseguiu un posto na Heineken Cup da tempada 2008-09, onde se viron encadrados do grupo do campión da tempada anterior, o Munster Rugby.
Palmarés Liga francesa: Campión: 1 1967 Rugby Pro D2: Campión: 1 2001, 2005-06 Challenge de l'Espérance: Campión: 1 1967 Challenge Antoine Béguère: Campión: 1 1971 Challenge Armand Vaquerin: Campión: 1 2005 Finalista: 1 2004
Resultados finais Liga francesa Data Campión FinalistaResultado EstadioEspectadores 28 de maio 1967US MontaubanCA Bègles11-3Parc Lescure, Bordeos32.115
Notas USM Rugby - 100 photos pour un centenaire, 2003
Ligazóns Páxina oficial
Montauban