Luis María Zugazaga Martínez, máis coñecido como Zugazaga, nado en Sestao o 13 de outubro de 1944, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria Formado na canteira do Athletic Club, debutou na tempada 1964–65 co primeiro equipo en Primeira División. Permaneceu 7 tempadas no conxunto bilbaíno, logrando a Copa do Rei 1968–69 e participar na Copa de Feiras e mais na Recopa.

Na tempada 1971–72 fichou polo Deportivo da Coruña, co que descendería dous anos máis tarde á Segunda División e na campaña seguinte á Terceira División.

Na tempada 1974–75 fichou polo CF Palencia, de Terceira División.

Palmarés Athletic Club Copa do Rei: 1968–69

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Sestao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CF Palencia