O Gernika Rugby Taldea (en castelán, Club de Rugby Gernika) é un club de rugby da vila de Gernika-Lumo, en Biscaia, Euskadi. Xoga na División de Honra, a máxima categoría do rugby español.

O campo no que xoga como local é Urbieta. As súas cores distintivas son o verde e o negro.

Historia O Gernika Rugby Taldea, foi fundado o 18 de maio de 1973 por uns entusiastas do rugby desta vila biscaíña, sendo, así mesmo, o primeiro equipo que xurdiu en Biscaia fóra de Bilbao.

En 1977, o equipo ascendeu de categoría. En 1981, volve ascender, desta vez á Primeira División Nacional (a actual División de Honra B).

O 14 de maio de 1983 Gernika-Lumo acolleu o debut da selección de rugby de Euskadi, nun ateigado Campo de Santa Lucía, onde Gales B gañou por 3-24.

Na década dos '80, o club experimenta un gran crecemento que lle fai afianzarse na segunda categoría. Na tempada 1983-84 gaña o título de Campión da Liga de Primeira División - Grupo Norte, disputando sen éxito os playoffs de ascenso contra os outros clubs campións: CDU Valladolid, CR Cisneros e Club Natació Barcelona.

A principios dos '90 acada dous grandes logros para a historia do rugby en Biscaia: o campionato de Primeira División Nacional, e o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra, en 1990; e a participación, por primeira vez na súa historia na final da Copa do Rei en 1991, na que se enfrontou ao Getxo Rugby Taldea, e que perdeu por 32-15. Estes éxitos víronse empañados polo descenso de categoría, en 1993.

Na primeira década do século XXI, na tempada 2005-06, o Gernika R.T. volve ascender e consegue afianzarse na segunda categoría, a División de Honra B. Destaca de xeito especial dende esa tempada, pois sempre acada praza entre os catro primeiros do seu grupo. Ademais, nas tempadas 2007-08 e a 2008-09 consegue clasificarse para xogar os playoffs de ascenso á máxima categoría, á vez que se proclama Campión da División de Honra B e acada o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra. Destaca o feito, nesta última campaña, que contou tódolos partidos por vitórias, e logra por segunda vez na súa historia o ascenso á División de Honra, vencendo por 37-10 ao Atlético Portuense o 26 de abril de 2009.

Dende os seus primeiros anos, este club se comprometeu na formación e promoción do rugby no municipio e nas localidades do seu contorno. Formouse un segundo equipo sénior e outros de categorías inferiores, que xogan nas ligas territoriais vascas. Esta vocación viuse recompensada coa consecución de varios títulos en todas as categorías do rugby vasco dende a súa fundación ata a actualidade.

Na tempada 2010-11, o equipo acadou a súa mellor participación na liga, rematando na 4ª posición da clasificación final.

Palmarés Posicións do club en competicións nacionais dende a súa fundación Categoría201312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473Div.Honra 3 6 48 1287 x Div.HonraB 1243 1ªNacional 13554 744639 13355412 5548 Copa 2

A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

6 Tempadas na División de Honra: 1981-82, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 2009-10 e 2010-11 1 Campionato de División de Honra B: 2008-09 3 Campionatos de Primeira División Nacional: 1983-84, 1989-90 e 2004-05 1 Subcampionato da Copa do Rei: 1991

Tempada actual

Véxase tamén Outros artigos

Gernika Categoría:Gernika-Lumo