O Club Athlétique Brive-Corrèze Limousin é un club francés de rugby fundado en 1904 na cidade de Brive-la-Gaillarde no departamento de Corrèze na rexión de Lemosín. As súas cores son o negro e a branco e xogan os seus partidos coma local no estadio Stade Amédée-Domenech, cunha capacidade para 15.000 espectadores.

Historia O club foi fundado o 12 de outubro de 1912. Antes da segunda guerra mundial, o Brieve cambiou de rugby union a rugby league, mais volveu á rugby union despois da Guerra.

Xoga normalmente na Primeira División do rugby francés, e se converteu no club de rugby máis forte da rexión de Lemosín, mais durante moitos anos, o seu único título foi un trofeo da Segunda División acadado en 1957. O Brieve nuncha chegou á final do Campionato francés de rugby ata 1965. O 23 de maio xogaron a súa primeira final fronte ao SU Agen no Stade de Gerland, en Lión perdendoa por 15-8. A seguinte vez que o Brive chegou á final foi en 1972, onde se enfrontaron ao AS Béziers o 21 de maio, novamente en Lión, e novamente perderon, desta vez por 9-0. Na final de 1975 se enfrontaron novamente ao AS Béziers, daquela o Béziers se convertera no equipo imbatible da década, e novamente Brieve perdeu pola mínima 13-12 no Parc des Princes, en París.

O Brive experimentou un rexurdimento a mediados dos '90, primeiro en 1996, cando chegaron novamente á final dende mediados dos '70 en París. Novamente perdeu, desta vez fronte ao Stade Toulousain por 20-13, no que foi a súa cuarta final perdida. Só outros dous clubs teñen máis finais perdidas que o Brieve, o ASM Clermont Auvergne con 9 e o Union Sportive Daquoise con 5. Ese mesmo ano gañaron o Challenge Yves du Manoir, derrotando ao Pau por 12-6.

Na tempada 1997, chegou ata a final da Heineken Cup na que se enfrontaron ao Leicester Tigers de Inglaterra no Cardiff Arms Park. O Brive finalmente gañou unha final, gañando aos Tigers 28-9. É polo tanto un dos dous únicos equipos campións da Copa de Europa que nunca gañaron a competición doméstica xunto a Northampton Saints.

O 22 de febreiro de 1997, o Brive, en calidade de campión europeo, enfrontouse aos Auckland Blues que gañara o Super 12, perdendo por 47-11.

En 1998, o Brive chegou novamente á final da Heineken Cup, desta vez fronte ao Bath, perdendo fronte no Parc Lescure de Bordeos por 19-18.

No 2000, o equipo descendeu á Rugby Pro D2, volvendo á máxima categoría en 2003, mais dende o ascenso unicamente se clasificou para os playoffs en 2004.

Na tempada 2011-12 perdeu a máxima categoría, descendendo ó Pro D2, a segunda división francesa.

Resultados das finais Campionato de Francia Data Campión FinalistaResultado EstadioEspectadores 23 de maio de 1965SU Agen CA Brive15-8Stade de Gerland, Lión28.75821 de maio de 1972AS BéziersCA Brive9-0Stade de Gerland, Lión31.16118 de maio de 1975AS BéziersCA Brive13-12Parc des Princes, París39.9911 de xuño de 1996Stade ToulousainCA Brive20-13Parc des Princes, París48.162

Heineken Cup Data Campión FinalistaResultado EstadioEspectadores 25 de xaneiro de 1997CA BriveLeicester Tigers28-9Arms Park, Cardiff41.66431 de xaneiro de 1998Bath RugbyCA Brive19-18Parc Lescure, Bordeos36.500

Palmarés Heineken Cup: Campión: 1 1997 Subcampión: 1 1998 Liga francesa: Subcampión: 4 1965, 1972, 1975 e 1996 Copa de Francia: Campión: 1 1996 Finalista: 3 1963, 1974 e 2000 Segunda División Francesa : Campión: 1 1957 Challenge Yves du Manoir: Campión: 1 1996

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial Site non oficial CA Brive en Rugby15

Brive