A Catedral da nosa Señora de Reims (en francés: Cathédrale Notre-Dame de Reims), é unha catedral de culto católico romano baixo a advocación da virxe María na cidade de Reims, no departamento de Marne, en Francia, ao nordés do país, a un 160 km da capital estatal, París, é a cabeza da diocese de Reims.

Construída no século XIII, despois das catedrais de París e de Chartres, mais antes das catedrais de Estrasburgo, Amiens e Beauvais. É un dos edificios góticos de maior importancia en Francia, tanto pola súa extraordinaria arquitectura como pola súa riquísima estatuaria. En 1991, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A Catedral de Reims era, no Antigo Réxime, o lugar da consagración dos monarcas de Francia. O derradeiro Rei coroado foi Carlos X, o 28 de maio de 1825.

Historia No século V, o bispo san Nicasio levantou unha primeira catedral sobre antigas termas romanas. Dedicado xa á Virxe María, este edificio foi o escenario do bautizo de Clodoveo (498),Allard (2012) consagrado polo arcebispo San Remixio. En 816, o fillo de Carlomagno, Ludovico Pío, elixe Reims para ser consagrado emperador. Alí é onde se custodiaba a Sainte Ampoule (un pequeno recipiente levado, segundo a lenda por unha pomba, e que contiña o aceite que se empregara na unción de Clodoveo, rei dos francos, ao ser bautizado). O prestixio do santo óleo e a potencia política dos arcebispos de Reims levaron a que Henrique I, en 1207, o establecera definitivamente como o lugar das consagracións reais.

O 6 de maio de 1211, o arcebispo de Reims, Aubry de Humbert principia a construción da nova catedral de Reims (o edificio actual), destinada a substituír a catedral carolinxia, destruída por un incendio no ano anterior.Erlande-Brandenburg (1992), p. 504 Sucedéronse nas obras até catro arquitectos (Jean d'Orbais, Jean-lle-Loup, Gaucher de Reims e Bernard de Soissons), e en 1275 xa estaba o groso das obras terminado. A catedral, pois, rematouse para finais do século XIII, coa excepción da fachada occidental que se construíu no século XIV, a partir dos deseños do século XIII. Mentres, a nave central foi prolongada para permitir acoller a toda a xente que acudía ás coroacións. As torres aínda que foron deseñadas para chegar aos 120 metros de altura, quedaron en 81. A torre meridional ten dúas grandes campás; unha delas, chamada «Charlotte» por Carlos, cardeal de Lorena en 1570, pesa máis de 10.000 quilos.

En 1875 a Asemblea Nacional Francesa proporcionou fondos para reparar a fachada e as balaustradas. A fachada é a parte máis destacada do edificio, e unha das grandes obras mestras da Idade Media.

Durante a primeira guerra mundial, foi bombardeada polos alemáns, que vían nela un símbolo de Francia, e provocaron serios estragos polo que foi cualificada de "mártir". Entre o 19 e o 20 de setembro de 1914, foi alcanzada por 25 proxectís que acabarían provocando o incendio da torre norte e a propagación do lume por todo o armazón. Fundiuse todo o chumbo da teitume e verteuse polas gárgolas, sendo recollidos polos veciños quen o restituíron despois do conflito. Igualmente, foi destruído o palacio de Tau, residencia do arcebispo. Como consecuencia da conmoción que causou na poboación, varios prisioneiros alemáns feridos, foron asasinados. A catedral acabaría recibindo 288 proxectís en total, e Reims foi destruída en case un 85%. miniatura|A catedral de Reims alcanzada por un proxectil alemán durante a primeira guerra mundial (20-09-1914).

Restauración Os traballos de restauración comezaron en 1919, baixo a dirección de Henri Deneux, nado en Reims e arquitecto xefe de Monuments Historiques, que empregou a gran cantidade de fotografías realizadas na década de 1880, no comezo da era da fotografía. A catedral volveuse abrir en 1938, grazas en parte ao apoio financeiro do mecenado estadounidense dos Rockefeller, pero desde entón os traballos continuaron sen cesar. O armazón de madeira destruído foi substituído por unha estrutura máis lixeira e ininflamable, constituída de pequenos elementos de cemento armado prefabricado, unidos por chavetas de carballo para garantir a flexibilidade do conxunto.

Estruturas miniatura|Planta da Catedral de Reims. Lonxitude total: 149,17 m (contra 130 metros de Notre Dame de París e 145 m de Notre Dame de Amiens) Lonxitude interior: 138 m Altura da nave central: 38 m (33 m en París , 42 m en Amiens e de 48 m en Saint-Pierre de Beauvais) Altura das naves laterais: 16,5 m Largura da nave: 14,65 m (15,25 m en Saint Étienne de Sens e 12 m en París) Lonxitude do transepto: 61 m Largura do transepto: 30,70 m Altura das torres frontais: 81,50 m (69 m en París; 88 m de St. Croix d'Orléans) Altura da torre do campanario (Torre do Anxo): 87 m Largo da fachada occidental: 48.80 m (61.60 m en Notre-Dame de Rouen ) Área de construción: 6 650 metros cadrados dos rosetóns Diámetro do rosetón oeste: 12,5 m (13,1 m para os 2 rosetóns do transepto de Notre Dame de París ) Diámetro de rosetón norte: 9,65 m Diámetro de rosetón sur: 9,65 m

Descrición

Exterior miniatura|Parte central da galería dos reis. Detalle do bautismo de Clodoveo. A fachada occidental repite a mesma estrutura que a de Notre-Dame de París,Hartt (1989), p. 493 pero con varias diferenzas que indican a rápida evolución do estilo gótico.

Os tres pórticos están cargados de estatuas e figuras sendo en total 2 303 o número de estatuas, algunha de 4 metros de altura, superada tan só por Chartres entre as catedrais europeas con maior número de figuras esculpidas. Incluso a fachada interior resulta ornada de figuras esculpidas, entre elas a famosa «comuñón do cabaleiro».

O pórtico central da portada occidental, dedicado á Virxe María, en vez do característico tímpano, presenta un rosetón enmarcado nun arco tamén decorado con estatuas de pedra. No parteluz, aparece unha imaxe da Virxe sorrindo, e destacan os grupos das xambas, onde se atopa, no lado dereito, o tema da Anunciación (co arcanxo san Gabriel, tamén sorrindo) e a Visitación. Esta escena pódese interpretar como unha tranquila charla entre dúas mulleres embarazadas -a Virxe de Cristo e santa Sabela de san Xoán Bautista, respectivamente- que intercambian ideas. O perfecto pregado das roupas expresa a dignidade do seu estado pois manifesta o uso de técnicas non empregadas dende hai 900 anos. Necesariamente, o escultor de Reims tivo que coñecer ou estudar as esculturas da antiga Roma.Honour (1987), pp. 298-300 No tema da Anunciación, levado a cabo por outro mestre, as roupas da Virxe caen con gran naturalidade, mentres que a figura do anxo que sorrí, seguramente, pertence a un terceiro artista. Realizado cun "estilo elegante" creado cara 1240 por mestres parisienses que traballaban para a corte real, foi tan exitoso que se converteu nun modelo a imitar na época.Janson (1988), p. 149

No lado esquerdo, está a Presentación de Xesús no Templo, cunha curiosa estatua de San Xosé amosa unha expresión algo pícara. As figuras amosan un cambio na concepción escultórica, pois xa non son relevos acaroados a un muro senón verdadeiras esculturas que se separan de: aparecen como figuras exentas.

O coñecido "Anxo do sorriso", símbolo de Reims, está no pórtico esquerdo é a paradigma desta nova escultura gótica na que se está á procura dunha nova expresión e onde os personaxes parecen querer falar entre eles, con xestos e expresións individualizadas. Na parte superior, a «galería dos reis» amosa o bautismo de Clodoveo, no centro, flanqueado por estatuas dos seus sucesores.

As fachadas do transepto están tamén decoradas con esculturas. A do norte ten estatuas dos bispos de Reims, unha representación do Xuízo Final e unha figura de Cristo ("le Beau Dieu"), mentres que no lado meridional ten un fermosos rosetón moderno cos profetas e os apóstolos.

Un incendio destruíu o tellado e as agullas en 1481: das catro torres que flanqueaban os transeptos, non queda nada por riba da altura do tellado. Sobre o coro álzase un elegante campanario de madeira cuberto de chumbo que ten 18 metros de alto, reconstruído no século XV e nos anos 1920.

As torres miden 86 metros de altura, entre as máis fermosas do estilo gótico, están realizadas en trazaría calada sen presentar ningunha superficie de muro. Entre outras escenas representadas, están a loita entre David e Goliat, e a coroación da Virxe María.

Interior O edificio destaca pola súa unidade de estilo, a pesar dunha construción que non chega a dous séculos, pero que se reliza principalmente no século XIII. A altura da nave é de 38 metros no centro (Amiens: 42,30 m; Beauvais: 46,77 m). A nave mide 138,75 metros de longo e uns 30 de ancho. Comprende unha nave central con dez tramos e dúas laterais: o transepto, pouco desbordado, tamén ten naves laterais que se continúan nos tres tramos rectos do coro; o coro conta cun dobre corredor e a ábsida ten un deambulatorio con cinco capelas radiais.

No alzado, continúa coa fórmula de Chartres de tres niveis: grandes arcadas (16,60 metros), triforio e claraboia de grandes fiestrais. A catedral posúe a tapices, entre eles unha serie presentada por Robert de Lenoncourt (m. 1532), arcebispo con Francisco I, representando a vida da Virxe que se mostra, no momento actual, no anterior palacio do arcebispo convertido hoxe en museo, o Palacio de Tau.

O transepto norte contén un órgano nunha rechamante caixa gótica. O reloxo do coro está adornado con curiosas figuras mecánicas. Conserva vidreiras que van desde o século XIII ao XX (as fiestras do deambulatorio foron deseñadas por Marc Chagall en 1974 e son un grande atractivo para os turistas).

O tesouro, conservado no Palacio de Tau, inclúe moitos obxectos preciosos, entre eles a Sainte Ampoule, ou Santa Bocha, sucesora da antiga que contiña o aceite co que os reis franceses eran unxidos, que rompeu durante a Revolución Francesa, un fragmento da cal contén a actual Ampoule. miniatura|Esquema do labirinto da catedral de Reims.

O labirinto Entre o terceiro e o cuarto tramo da nave central aparece un labirinto construído en 1286,Emborg (2016), p. 32 en mármore negro, e que foi destruído en 1779 polo capítulo da catedral que alegaba distraccións e ruído durante os oficios. Hoxe coñécese a forma porque foi documentado por debuxos de Jacques Cellier (cara 1583-1587) e as descricións de Cocquault (1640) e do periodista Havé (1779). No centro, atopábase a figura de Aubry de Humbert (arcebispo que mandara construír a nova catedral) e nos catro octógonos pequenos das esquinas representáronse as figuras dos catro primeiros arquitectos: Jean d'Orbais, Jean-le-Loup, Gaucher de Reims e Bernard de Soissons.

Hoxe en día, a forma do labirinto serviu para crear o deseño do logotipo que sinaliza, en Francia, os "Monumentos Históricos".

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Sitio oficial da Catedral de Reims (fr) Sitio oficial da Dirección de Asuntos Culturais de Champagne-Ardenne (fr) Ficha da Catedral de Reims en Structurae (fr)

Categoría:Arquitectura relixiosa de Francia Reims Categoría:Arquitectura gótica Categoría:Monumentos de Francia Categoría:Escultura gótica Reims Categoría:Igrexas católicas de Francia Categoría:Reims Reims