Dominique Marie François René Galouzeau de Villepin, nado en Rabat (Marrocos) o 14 de novembro de 1953, foi o Primeiro Ministro de Francia do 31 de maio de 2005 ao 17 de maio do 2007. Home político e escritor francés, foi ademais ministro de varias carteiras.

Traxectoria Naceu en Rabat, pertencente daquela ao Marrocos francés, fillo de Xavier de Villepin, embaixador e senador centrista elixido pola poboación francesa no estranxeiro ata setembro do 2004.

Politicamente estivo ligado a Jacques Chirac dende os anos 80. Nunca desempeñou un cargo por votación popular; con todo, manifestou en 2005 que non descarta presentarse como candidato presidencial para as eleccións do 2007.

Coñecedor da historia de Napoleón I, publicou diversos textos sobre o tema, entre eles o seu libro "Os cen días", que relata o período no que o Emperador retomou o poder despois de fuxir da illa de Elba. Foi substituído por François Fillon trala elección de Nicolas Sarkozy o 17 de maio do 2007.

Véxase tamén Ligazóns externas

Discurso de De Villepin ante o Consello de Seguridade das Nacións Unidas (19 de marzo de 2003, véspera da Invasión de Iraq de 2003).

Categoría:Primeiros ministros de Francia Categoría:Nados en Rabat Categoría:Nados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade Panthéon-Assas Categoría:Alumnos da Universidade París Oeste Categoría:Alumnos da Escola Nacional de Administración Categoría:Alumnos do Instituto de Estudos Políticos de París