Irving Langmuir, nado en Brooklyn (Nova York) o 31 de xaneiro de 1881 e finado en Woods Hole (Massachusetts) o 16 de agosto de 1957, foi un físico e químico estadounidense coñecido polo seu traballo en distintos campos da química e galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1932.

Biografía Estudou Física e Química na Universidade de Columbia, onde se licenciou en 1903 en enxeñaría metalúrxica, e posteriormente na Universidade de Göttingen, onde se doutorou baixo a supervisión de Walther Hermann Nernst en 1906.

Desde 1932 ata a súa xubilación en 1950, foi director adxunto do laboratorio de investigación da General Electric Company.

Investigacións científicas Iniciou as súas investigacións no desenvolvemento das lámpadas de tungsteno, descubrindo a alta luminosidade do filamento deste elemento químico rodeado dun gas inerte como o argon. Este foi un paso moi importante no desenvolvemento da lámpada eléctrica convencional de filamento, xa superada polas chamadas lámpadas de baixo consumo.

dereita|miniatura|200px|Irving Langmuir e Willis Rodney Whitney Tamén traballou na obtención de baleiros, ideando a bomba de condensación de mercurio, ao observar como os electróns emitidos por un cátodo incandescente nun recinto que se atopa a unha presión moi baixa, mantéñense ao redor do cátodo formando unha nube electrónica. Puido comprobar como a carga negativa dos electróns impedía o fluxo de corrente eléctrica, polo cal inventou o radiotrón e outros dispositivos electrónicos que, unidos ao revestimento de torio dos filamentos emisores, contribuíron a mellorar a radidifusión de onda curta.

Deduciu a isoterma de adsorción que leva o seu nome das súas investigacións sobre a cinética das reaccións gasosas e, máis especialmente, da velocidade de absorción das moléculas dos gases a baixas presións. Así mesmo traballou no aparello de descarga de electróns e no soplete de hidróxeno atómico.

Langmuir e o seu colega estadounidense Gilbert Lewis desenvolveron unha teoría da interacción química e a valencia baseada na estrutura do átomo, coñecida como teoría de Langmuir-Lewis. A investigación de Langmuir na física das nubes conduciulle á estimulación artificial da choiva.

En 1932 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións na química de superficie.

Véxase tamén Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1932 . Biografía na páxina do Instituto Nobel . Perfil de Irving Langmuir en NNDB "The adsorption of gases on plane surfaces of glass, mica and platinum" JACS, Vol. 40, No. 9, 1361.

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América