A Humane Society of the United States ou HSUS (en galego, Sociedade Humana dos Estados Unidos) é unha organización con sede en Washington d.C centrada na promoción do benestar dos animais. É unha das maiores organizacións centradas no benestar dos animais no mundo, con 9,5 millóns de membros e un orzamento de 103 millóns de dólares no 2006.Merger Adds to Humane Society's Bite - Washingtonpost.com En 2007 viron un incremento tanto en incorporación de membros coma en ingresos, con 10,5 millóns de membros e un presuposto de 120 millóns de dólares. Os fundadores de HSUS trataron de non de duplicar os esforzos de centos de sociedades locais que traballan para axudar aos animais. En lugar diso, decidiu facer fronte ás crueldades de alcance nacional, tratando de resolver os problemas de benestar animal mediante a aplicación de estratexias, recursos e solucións máis alá da capacidade das organizacións locais.

A HSUS foi fundada en 1954 polo xornalista Fred Myers e outras tres persoas. As maiores campañas de grupo teñen como obxectivos catro temas primarios: as granxas factoría de animais, os deportes e entretementos que implican violencia para cos animais e outras formas de crueldade con estes, o comercio de peles e as prácticas de caza deportiva.

HSUS publica Animal Sheltering, un magazine bimensual para profesionais do refuxio de animais. Tamén fai Rural Area Veterinary Services, un programa de servizos veterinarios gratuítos en comunidades empobrecidas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Humane Society of the United States . HSUS CEO's blog .

Categoría:Asociacións ecoloxistas Categoría:Animais