Sarmizegetusa foi o máis importante centro militar, relixioso e político dos dacios. Erixida no máis alto dun despeñadero de 1.200 metros de altura, a fortaleza foi o núcleo do sistema defensivo estratéxico das montañas Orăştie, en Romanía, que comprendía seis cidadelas.
Descrición A fortaleza, un cuadrilátero formado por enormes bloques de pedra (muro dacio), foi construída con cinco socalcos, nunha área de case 30.000 m².
Sarmizegetusa foi ademais un recinto sacro. É o máis famoso e importante calendario-santuario circular de todos os grandes santuarios circulares e rectangulares dos dacios.
Os cidadáns vivían ao redor da fortaleza, ao pé da montaña en socalcos artificiais. A nobreza dacia dispuña de subministración de auga, conducida a través de acuedutos cerámicos do tipo cano, nas súas residencias. O inventario arqueolóxico achado no lugar amosou que a sociedade dacia tiña un alto nivel de vida.
Derrotadas as tropas romanas dirixidas polo xeneral Cornelio Fusco polos dacios en 86 e 87, o Imperio romano asinou unha paz pola cal se proporcionaron arquitectos e enxeñeiros romanos (ó do Imperio romano) para a edificación de gran parte da Sarmizegetusa dacia.
A capital dacia acadou o seu momento cume baixo Decébalo, o rei dacio que foi derrotado polo Imperio romano tras dúas guerras, a do (101-102) e a do (105-106), dirixida polo emperador Traxano. Trala derrota dos dacios, os conquistadores estableceron unha gornición militar alí. Máis tarde, a capital da Dacia romana foi chamada Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa, establecida a 40 km ao suroeste das ruínas da antiga capital dacia: a cidade romana foi establecida beiras do río Apa Orasului; este novo asentamento corresponde ao da actual Gradistea Muncelului.
As seis fortalezas - Sarmizegetusa, Blidaru, Piatra Roşie, Costeşti, Căpâlna e Baniţa - que formaron o sistema defensivo de Decébalo, son parte do Patrimonio da Humanidade en Europa da UNESCO.
Sarmizegetusa é tamén o nome dun municipio da actual Romanía, na depresión Ţara Haţegului, no condado de Hunedoara, onde as ruínas da Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa foron localizadas.
Véxase tamén Outros artigos
Diurpanneo Guerras Dacias Historia de Romanía Dacia Dacios e xetas Ligazóns externas The Dacian Fortresses of the Orastie Mountains The Dacians - pictures of the fortresses in the Orastie Mountains
Categoría:Historia de Romanía Categoría:Patrimonio da Humanidade en Romanía Categoría:Sitios arqueolóxicos de Romanía Categoría:Dacia