framed|Pedúnculo dunha cymbalaria muralis.

En botánica chámase pedúnculo ao rabecho que sostén unha flor, inflorescencia ou un froito trala súa fecundación.

Posúe a estrutura dun talo e é responsable da sustentación e condución do zume ás flores. Conéctase co raque da inflorescencia na base. Raramente presenta ramificacións ou estruturas de orixe foliar. Na súa ausencia, as flores son sésiles. Unha compresión ou cambios na consistencia do pedicelo poden influír nas características reprodutivas das flores.

Termo Provén do latín científico pedunculus, e este é diminutivo do latín pes, pedis 'pé'.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Termos botánicos