Mike Higgins, nado en Grand Island, Nebraska (Estados Unidos) o 17 de febreiro de 1967, é un ex xogador de baloncesto estadounidense con nacionalidade española. Xogaba de Ala-pivote cunha altura de 2,06 m.

Carreira O xogador formouse no Northern Colorado Bears da Universidade de Northern Colorado. Na tempada 1989-1990 xogou no Los Angeles Lakers e no Denver Nuggets,e na campaña seguinte no Sacramento Kings. Posteriormente viu a Europa, fichando polo Valvi Girona da ACB. Tamén xogou nas ligas italiana, francesa, xaponesa, brasileira e arxentina. En 2002 nacionalizouse español e fichou polo CB Granada como seleccionable, aínda que máis tarde foi substituído e pasou por varios equipos da liga LEB. Posteriormente regresou á ACB con CAI Zaragoza. En setembro de 2009 fichou polo Xacobeo Blu:Sens"El Xacobeo Blu:sens ficha al veterano pívot estadounidense Mike Higgins", artigo en www.solobasket.com ..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en www.eurobasket.com Ficha en www.basketball-reference.com

Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Nados en 1967 Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do CD Oximesa Categoría:Xogadores do CB Granada Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do Cáceres CB Categoría:Xogadores do Baloncesto León Categoría:Xogadores do Cantabria Baloncesto Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002 Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB